O proxecto de "Movémonos globalizando" está orientado ao traballo da adquisición das Competencias Básicas e das seguintes áreas: Educación Física, Coñecemento do Medio, Matemáticas e Linguas. A Globalización vai a ser o núcleo principal do noso proxecto. Os centros de interese traballados serán pretos e motivadores para o alumnado, facilitando a percepción do entorno dunha maneira máis global.
venres, 14 de novembro de 2014
CANCIÓNS DO MAGOSTO.
TRES CASTAÑAS POLO CHAN. Susa Herrera.
O RAP DO MAGOSTO. CHEGOU O MAGOSTO. Jesús Pareja.
mércores, 12 de novembro de 2014
O MAGOSTO.
Nesta sesión traballamos coa temática do Magosto. Como o tempo non nos permitiu xogar fóra fixémolo dentro do ximnasio.
Encontrámonos cuns monstros moi raros que comían castañas, cos donos dun castaño que non querían compartir, cantamos todos xuntos "Tres castañas polo chan", bailamos "O Rap do Magosto"... Seguimos vivindo numerosas aventuras!
![]() |
![]() |
Slideshow made with Smilebox |
Etiquetas:
experiencias
Ubicación:
Puebla, La Coruña, España
7ª SESIÓN
Unidade
3. A
SAÚDE Sesión 7.
|
Obxectivos.
Traballar a temática do Magosto, esta semana celebramos
o magosto.
Buscar novos números do 200-999 e conceptos como
anterior, posterior, maior, menor, igual, par, impar, suma, etc.
Materiais.
Castiñeiro de cartón, monstros traga castañas, cubeletes para encestar castañas, castañas, rotuladores e lousa branca,
bancos suecos, música, ximnasio...
|
PARTE
INICIAL.
A ROUBAR CASTAÑAS.
No fondo do ximnasio temos un castiñeiro que ten moitas
castañas tiradas polo chan. Os nenos intentarán recollelas dunha en unha,
pero o amo ou amos do castiñeiro non llo permitirán.
O camiño da escola ao castaño estará ocupado por algúns
madeiros (bancos suecos).
Se son atrapados polos donos do castaño deberán
devolver a castaña (se teñen algunha) e subir a un madeiro. Os compañeiros
poderán salvar aos pillados, terán que ir aos madeiros darlles a man e volver
á casa collidos da man.
Non podemos facer as dúas cousas á vez nunha acción, ou
salvamos un compañeiro ou roubamos a castaña.
Mentres salvamos un compañeiro, o dono pódenos pillar.
|
PARTE
PRINCIPAL.
LANZAMENTO DE CASTAÑAS.
Formaremos dous equipos. Teremos dúas estacións de
lanzamento. Nunha delas estarán os pozos de castañas e na outra os monstros
das castañas. As dúas estacións terán tres zonas de lanzamento que
representarán ás centenas, decenas e unidades.
Cada alumno terá unha castaña e decidirá probar sorte
nas centenas, decenas ou unidades.
Despois do lanzamento comprobaremos cantas castañas
temos en cada posición e que número formamos.
Cada grupo escribirá o seu número (2C-3D-7U =237) nunha
lousa branca e a partir de aí traballaremos maior, menor, igual, anterior,
posterior, par, impar, facer sumas, etc.
Podemos repetir os lanzamentos tantas veces como
vexamos.
|
VOLTA Á
CALMA.
TRES CASTAÑAS POLO CHAN.
Os alumnos forman unha roda sentados no chan .Un
compañeiro queda fóra da roda cunha castaña. Mentres cantamos un fragmento da
canción de Susa Herrera "Tres
castañas polo chan", o compañeiro intentará pousar a castaña detrás
dun compañeiro da roda. Ao rematar a canción o compañeiro sentado intentará
atrapar ao outro antes de que se sente no seu lugar, pero primeiro deberá dar
unha ou dúas voltas arredor da roda.
Repetiremos o xogo varias veces.
DENTRO DA CASTAÑA.
Cantar todos xuntos
"Dentro da castaña" de Juan J. Varela Álvarez.
|
OBSERVACIÓNS.
|
Etiquetas:
sesións
Ubicación:
Puebla, La Coruña, España
martes, 11 de novembro de 2014
CONTOS E XOGOS DO MAGOSTO
Aquí tedes algunhas actividades para traballar o Magosto.
A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA.
![]() |
ENTRAR |
CELEBRAMOS O MAGOSTO.
![]() |
ENTRAR A CASTAÑEIRA. |
![]() |
ENTRAR |
Etiquetas:
Recursos educativos na Web
Ubicación:
Puebla del Caramiñal, La Coruña, España
venres, 7 de novembro de 2014
QUERES QUE CHE CONTEMOS UN CONTO?
Queres que che contemos un conto?
Pois non esperes máis, empeza a viaxe por onde máis che guste!
![]() |
ENTRAR |
Etiquetas:
Recursos educativos na Web
Ubicación:
Puebla del Caramiñal, La Coruña, España
xoves, 6 de novembro de 2014
SAMAÍN EN BANDASECA.
O 30 de Outubro celebramos o Samaín no Cole. Foi un día "Terrorífico"...."Jajajajaja"
![]() |
![]() |
Make your own free picture slideshow |
Etiquetas:
experiencias
Ubicación:
Puebla del Caramiñal, La Coruña, España
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)