martes, 28 de abril de 2015

luns, 27 de abril de 2015

22ª SESIÓN. ESTAMOS COMPOÑENDO




Unidade 12.    ESTAMOS COMPOÑENDO       Sesión 22 .
Obxectivos.
Traballar as palabras compostas.
Repasar as táboas de multiplicar do 2 ao 5.
Coñecer o tangram e o seu funcionamento.
Materiais.
Tarxetas con palabras compostas, lousa, rotuladores, aros, bancos, cordas, figuras tangram, siluetas tangram, música...
PARTE INICIAL.

PALABRAS COMPOSTAS.
Realizaremos dúas partidas neste xogo de pilla. A metade da clase levará o final da palabra colgada do pescozo (bosques) e a outra metade esconderá o principio da palabra (garda).
Os que teñen o principio da palabra deberán atrapar a súa parella para formar a palabra composta, pero os que teñen o final da palabra non coñecen a persoa que os vai perseguir, así que deberán escapar de todos.
Como realizaremos o xogo dúas veces (galego e castelán) cambiarán de papeis e nunha partida escaparán e noutra pillarán.
Cando temos formadas as parellas escribiremos as palabras compostas nunha lousa. Os compañeiros intentarán adiviñar a palabra antes de que rematemos de escribilas.
PARTE PRINCIPAL.

TANGRAM DA MULTIPLICACIÓN.
Faremos catro grupos. Os alumnos deberán realizar un circuíto (exercicio de aros saltando á pata coxa e a pés xuntos; pasar por enriba dunha corda sen perder o equilibrio; cruzar por debaixo dun banco sueco) para poder recoller as pezas do tangram necesarias para completar a súa figura.
Cada equipo ten unha figura que corresponde a unha táboa diferente (2 X..., 3 X..., 4 X..., 5 X...) deberán coller a pezas do tangram relacionadas coa súa táboa.
No fondo das figuras aparece o resultado das distintas multiplicacións para axudar aos alumnos a buscar a colocación correcta das pezas.

VOLTA Á CALMA.
Repasar as cancións da multiplicación bailando todos xuntos.

OBSERVACIÓNS.






















TANGRAMS INTERACTIVOS.













xoves, 23 de abril de 2015

VÍDEOS PARA TRABALLAR O DÍA DO LIBRO


Estes vídeos cóntannos diferentes historias relacionadas cos libros. Esperamos que vos gusten.


**** Vídeos descargados da páxina de youtube. Non poñemos un enlace directo para que non teñan que navegar fóra do blog.
















martes, 21 de abril de 2015

PIKIPALABRA. XOGO INSPIRADO NO PASAPALABRA.


Aquí tedes un xogo para que vos vaiades adestrando para o noso pasapalabras.


23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO.


Aquí deixámosvos algúns recursos para celebrar o día de libro contando e inventando historias.




CREA TU PERSONAJE Y DESCRÍBELO.





CREA A TÚA TIRA CÓMICA.



"EL CABALLERO DON QUIJOTE".



LUNS 20 DE ABRIL, APADRIÑAMENTO LECTOR.



Onte os alumnos do colexio tiveron a sorte de disfrutar da actividade do Apadriñamento Lector.

Os nenos de cuarto, quinto e sexto apadriñaron aos nenos de primeiro, segundo e terceiro. 
Os nenos de 4º  levaron un libro para ler aos seus apadriñados. E os nenos de 2º tamén levaron un libro para lerlles aos seus padriños.

Os nenos escolleron o libro que ían ler. Podía ser de  calquera tema e xénero (conto, poesía, teatro, cómic, libros de animais, de curiosidades, de chistes, etc.) 

Pasaron unha tarde moi interesante!








SEGUIMOS MULTIPLICANDO, XOGANDO, TOMANDO DECISIÓNS,...


Nesta sesión bailamos e calculamos o resultado de distintas multiplicacións seguindo o ritmo da música, debuxamos diferentes figuras xeométricas coa axuda de cordas e por último relacionamos distintos conceptos traballados en sesións anteriores para poder tomar decisións ante un determinado problema.





Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Picture slideshow made with Smilebox

mércores, 15 de abril de 2015

21ª SESIÓN. SEGUIMOS MULTIPLICANDO CON RITMO.



Unidade 12.    SEGUIMOS MULTIPLICANDO    Sesión 21.
Obxectivos.
Reforzar o traballo do “ritmo” das clases de educación física.
Reforzar e axudar a memorización das táboas de multiplicación.
Relacionar conceptos e tomar decisións.
Materiais.
Tarxetas, lousa branca, rotuladores, aros, música, cordas,...
PARTE INICIAL.
CALCULAMOS AO RITMO DA MÚSICA.
Bailaremos polo ximnasio ao ritmo da música.
Mentres bailamos teremos na nosa man unha tarxeta cunha multiplicación (táboas do 1 ao 5). Deberemos calcular mentalmente o seu resultado.
Cando pare a música deberemos buscar o resultado da nosa multiplicación dentro duns aros que están dispostos polo ximnasio e meternos dentro do aro que ten o noso resultado.
Repetiremos esta acción varias veces.
Mentres bailamos e calculamos a nosa multiplicación pode suceder que o director do xogo berre "CAMBIO", entón deberemos cambiar a nosa tarxeta co compañeiro máis próximo, dese xeito realizaremos un maior número de multiplicacións.
PARTE PRINCIPAL.
TRABALLO CON CORDAS.
Cada un de nós collerá unha corda e durante uns minutos realizaremos saltos individuais.
DEBUXAR FIGURAS XEOMÉTRICAS.
Cada alumno cunha corda e separados por todo o ximnasio. Realizaremos as seguintes figuras no chan do ximnasio (círculo, rectángulo, triángulo e pentágono)
RELACIONAR CONCEPTOS E TOMAR DECISIÓNS.
Aos alumnos darémoslles unha tarxeta cunha multiplicación. Eles deberán coñecer diferentes conceptos (resultado da multiplicación, par ou impar, maior ou menor,...)para decidir en que figura xeométrica debemos deixar a tarxeta:
- CÍRCULO: números pares < 20
- RECTÁNGULO: números impares < 20
- TRIÁNGULO: números pares > 20
- PENTÁGONO: números impares > 20
*** Se algunha multiplicación dese 20 deixariámola fóra das figuras.
VOLTA Á CALMA.
Recoller o material.

OBSERVACIÓNS.









MULTIPLICANDO E XOGANDO.



Nesta sesión esquivamos meteoritos, construímos montañas e seguimos practicando as táboas de multiplicar.
Como sempre, xogando!!!!!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free slideshow design generated with Smilebox

20ª SESIÓN. XA ESTAMOS DE VOLTA.



Unidade 11.  XA ESTAMOS DE VOLTA    Sesión 20.
Obxectivos.
Xogar todos xuntos.
Colaborar e participar nos xogos activamente.
Materiais.
Aros, música, tapóns de auga, vasos de iogur, conos, tarxetas, papel e lapis,...
PARTE INICIAL.
ESQUIVAMOS METEORITOS.
Eliximos un xogador que fai de meteorito.
O resto de xogadores forman equipos de 4 ou 5. Cada equipo forma unha fila e cóllense pola cintura formando unha galaxia.
O meteorito intenta tocar ao último da fila  e a galaxia (o equipo) intenta evitalo.
Se o meteorito pilla a unha galaxia, o pillado (último da fila) convértese en meteorito e o meteorito colócase ao principio da fila da galaxia atrapada.
PARTE PRINCIPAL.
CONSTRUÍR A MONTAÑA.
Marcamos unha liña de saída e unha liña de chegada a poucos metros de distancia. Formamos catro equipos, que se situarán en fila detrás da liña de saída, cada un cun vaso de iogur nas mans.
Ao sinal de inicio, o primeiro xogador de cada equipo colle un vaso de iogur e lévao correndo ata cruzar a liña de chegada. Pousará o vaso dentro dun aro para darlle a base da montaña forma circular. E regresa a darlle o relevo ao seguinte compañeiro que realizará a mesma acción con outro vaso de iogur.
O obxectivo é formar unha montaña cos vasos. Pero a construción rematará cando esta se destrúa por algún motivo (colocación errónea dun vaso, tirar sen querer os vasos da montaña...)
Comprobaremos que equipo consegue facer a montaña co maior número de vasos.
SEGUIMOS MULTIPLICANDO.
Nesta actividade os alumnos aproveitarán as estratexias de días anteriores para chegar á solución do problema formulado. Traballarán cos grupos da actividade anterior.
Darémoslles unha tarxeta a cada un onde aparecerá unha operación de multiplicar.
Pedirémoslles que todos xuntos, en equipo, resolvan todas as multiplicacións que posúen. Identificándoas con outras tarxetas onde aparecerán os resultados destas e a multiplicación expresada en suma.
VOLTA Á CALMA.
Asemblea onde comentaremos as dificultades encontradas durante o desenvolvemento da sesión.

OBSERVACIÓNS.