Esta semana gozamos xogando ao xogo da "Oca das multiplicacións". O taboleiro era moi especial porque as casillas estaban formadas por fotos onde aparecían reflectidas todas as clases ou sesións que realizamos durante este curso escolar. Nós eramos os protagonistas.
Os profes eran as ocas.Y tamén nos encontramos coa casa da ponte (unha ponte romana no río Pedras preto das piscinas), a casa da pousada (Torre Xunqueira), do labirinto, do cárcere, dos dados, da morte, etc.
Por outra parte nas casas onde apareciamos nós tiñamos diferentes multiplicacións, así que cando caiamos nalgunha delas debiamos contestar o resultado da multiplicación, se acertabamos seguiamos xogando e se fallabamos tiñamos que volver á casilla anterior.
Repasamos todas as táboas dunha forma moi divertida.