venres, 26 de xuño de 2015

BAILE FIN DE CURSO. 19 DE XUÑO.


Todos os anos realizamos un festival de bailes no que participan todos os alumnos do cole, mesmo os profes.

Este ano estaba adicado a Eurovisión, e os nenos de 2º bailaron "Congratulations" de Cliff Richard. Canción que representou no seu día a Gran Bretaña.

Como sempre, fixéronno fenomenal.

Aquí deixámosvos unha pequena mostra. Clica na imaxe para ver o baile.





VISITA PARQUE PERIURBANO DE SAN ROQUE (RIBEIRA). 17 DE XUÑO.


O Parque periurbano de San Roque é unha zona Temático- Cultural ao aire libre onde poder gozar da Natureza e ao mesmo tempo aprender vendo réplicas vinculadas co noso pasado, dos períodos Neolítico, Idade do Bronce e Idade do Ferro:

Dun Castro coas súas vivendas completamente construídas, unha réplica do Dolmen de Axeitos, dun aliñamento de menhires, de petroglifos sobre pedras, dun anfiteatro e todo iso nun ámbito natural.

Neste parque tamén conta cun Mirador onde podemos divisar a Cidade de Ribeira, a praia de Coroso, o seu porto pesqueiro, ademais do deportivo.
Clica na imaxe para ver máis fotos.




POBRA A VISTA DE PAXARO. A CUROTA. 17 XUÑO.

Entre as actividades programadas para coñecer a nosa localidade fomos de visita á Curota. Dende alí temos unhas vistas magníficas da nosa zona e de diversas localidades.
Clica na imaxe para ver máis fotos.


mércores, 17 de xuño de 2015

A BUSQUEDA DO TESOURO.


Nas clases de Educación Física como final de curso realizamos unha actividade onde tiñamos que buscar unhas tarxetas nas que a Pirata Rita (Profe Cova) nos enviaba unha mensaxe moi importante. Para iso tiñamos un mapa do tesouro que nos daba pistas sobre a que sitios da illa (centro escolar) deberiamos buscar as tarxetas.
Se conseguiamos adiviñar a mensaxe do pirata (pois as tarxetas tiñan imaxes) teriamos como premio o tesouro pirata e, por suposto, o que había dentro del.
Clica na imaxe para ver máis fotos.


domingo, 14 de xuño de 2015

O XOGO DA OCA DAS MULTIPLICACIÓNS.




Esta semana gozamos xogando ao xogo da "Oca das multiplicacións". O taboleiro era moi especial porque as casillas estaban formadas por fotos onde aparecían reflectidas todas as clases ou sesións que realizamos durante este curso escolar. Nós eramos os protagonistas.

Os profes eran as ocas.Y tamén nos encontramos coa casa da ponte (unha ponte romana no río Pedras preto das piscinas), a casa da pousada (Torre Xunqueira), do labirinto, do cárcere, dos dados, da morte, etc.

Por outra parte nas casas onde apareciamos nós tiñamos diferentes multiplicacións, así que cando caiamos nalgunha delas debiamos contestar o resultado da multiplicación, se acertabamos seguiamos xogando e se fallabamos tiñamos que volver á casilla anterior.

Repasamos todas as táboas dunha forma moi divertida.







Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a photo slideshow

domingo, 7 de xuño de 2015

ROMERÍA DAS LETRAS GALEGAS. (15 DE MAIO)



Este ano as Letras Galegas estaban adicadas a Xosé Filgueira Valverde.  O centro gañou o concurso- exposición que convoca a Secretaría Xeral de Política Lingüística (premio de 2000 €)  e que consiste na publicación e distribución dos carteis e dunha unidade didáctica sobre o autor en todos os centros educativos de Galicia. As bases do concurso establecen  que  a entrega do premio será nun acto institucional que fixemos coincidir coa III Romaria que celebramos o venres 15 de maio.
O horario de entrada e saída foi o acostumado. Programación:
  • 9.30 a 10.30 Entrega do premio a cargo do Conselleiro de Educación e o Secretario Xeral de Politica Linguistica. Asistirántamén outras personalidades. Contaremos con actuacións dos  nenos do cole.
  • 10.30 – 12.30 Obradoiros para os alumnos: maios, papiroflexia, cerámica, galletas, murais,... 
  • 12.30 a 13.35 III Romaría das Letras Galegas: xantar  e festa amenizada polo grupo de gaitas Barlovento.
Todas as actividades agás os obradoiros  (10:30a 12:30) foron abertas para toda a comunidade educativa. 

XOGOS NA NOSA PRAIA. (4 XUÑO)



Despois da visita ao mercado fixemos unha nova parada: fomos á praia, queriamos ver mariscar e que tamén nos contarán un pouco en que consiste o seu traballo; pero non tivemos sorte (ese día encontrábanse traballando noutra praia da localidade) así que fixemos unha serie de xogos que nos encantaron:
Marcamos 12 parcelas e formamos 12 equipos, cada equipo debía facer unha escultura ou construción de area. O importante era que traballaramos en equipo.
Despois fixemos tres xogos máis: o pano, o brilé e distintos xogos co paracaídas.....
Foi unha mañá intensa para todos.



Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free digital slideshow made with Smilebox

VISITA AO MERCADO DA NOSA LOCALIDADE. (4 XUÑO)




Con motivo de coñecer a nosa localidade levamos aos nosos alumnos a visitar o mercado. Foi unha visita marabillosa onde grandes e pequenos gozamos de todas as cousas que nos mostraron e nos ensinaron.
Coñecemos os distintos postos que funcionan no mercado, o seu horario, a atención ao cliente.... Nalgún posto vimos a venda directa e aventurámonos a coñecer ou calcular os diferentes cambios que tiñan que dar ao cliente; respondemos ás preguntas que nos facían relacionados cos distintos produtos que venden; e sobre todo aprendemos moitas cousas.

Grazas a todos pola vosa atención.... Volveremos pronto.




Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make a photo slideshow

BRINCA VAI. PACO NOGUEIRAS. (25 MAIO)


Tivemos no cole a visita de Paco Nogueiras con temas de "Brinca vai".

Pasámolo fenomenal, bailamos ao ritmo das súas cancións e gustaríanos gozar de novo do seu espectáculo.
Paco volve cando queiras! que aquí estaremos preparados para seguir bailando.

Aquí temos a nosa compañeira Clara axudando no espectáculo. Que ben o fas!









VISITA A FÁBRICA "LUIS ESCURÍS BATALLA" (14 MAIO)

O xoves 14 de maio fomos de visita á fábrica conserveira de Luís Escurís Batalla. A fábrica está situada no polígono de A Tomada na Pobra do Caramiñal. Alí nos ensinaron e explicaron como preparan os diferentes produtos: xoubiñas, atún, mexilóns, ... de maneira artesanal para despois enlatalos. Ensinánronnos que máquinas utilizan para cociñar, conservar e tratar para que se poidan conservar moito tempo dentro das latas ... Ao final obsequiáronnos cunha degustación dos seus produtos e algunhas chuches.

Moitas grazas aos encargados e traballadores de Luís Escurís Batalla.











Clica na imaxe para ver máis fotos.

27ª SESIÓN. VISITA A NOSA LOCALIDADE.

mércores, 27 de maio de 2015

IMOS COMPRAR AO SUPERMERCADO!



Nesta sesión fomos comprar ao supermercado, tivemos que buscar as ofertas dos produtos nos distintos folletos, preparar o diñeiro xusto para pagar o produto e realizar algunhas habilidades físicas para ir e volver do supermercado (saltar, rodar, reptar...)
Pasámolo xenial!!

Queremos volver de compras!!








Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a digital slideshow

26ª SESIÓN. IMOS COMPRAR!

unidade 14.             IMOS COMPRAR            sesión 26.
obxectivos.
Traballar en equipo de forma autónoma e coordinada.
Entender a  información dos folletos do supermercado.
Manexar axeitadamente os cartos en situacións da vida cotiá.
materiais.
Folletos do supermercado, moedas e billetes de euro, pegamentos, tesoiras, sacos, colchóns...
PARTE INICIAL.
Explicámoslle as distintas actividades que van realizar.
PARTE PRINCIPAL.
Imos ao supermercado.
Formaremos catro grupos.
A cada grupo darémoslles uns folletos do supermercado e unha lista da compra.
Deberán organizarse para comprar cada un dous produtos da lista.
Ademais para chegar ao supermercado deberán realizar un percorrido (Carreira de sacos, rolos nos colchóns, reptacións...)
VOLTA Á CALMA.
Comentamos as distintas dificultades á hora de comprar os distintos produtos, o traballo con moedas e os cambios nas compras...
OBSERVACIÓNS.



domingo, 24 de maio de 2015

XOGAMOS Á RÁ, ÁS BÓLAS, Á GOMA E Á COMBA...



Xogamos á ra, ás bólas, á goma e á comba. Encántannos os xogos populares!
1, 2, 3 Pés quietos!











Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Another free digital slideshow by Smilebox

xoves, 14 de maio de 2015

XOGAMOS A ESTRÍCULA, AS BÓLAS, A PETANCA,...



Xogamos á estrícula, ás bólas, á petanca, ao aro e a gancheta, aos zancos...; todo a través de estacións.











Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow design generated with Smilebox

24ª/ 25ª SESIÓN. XOGOS POPULARES.

Unidade 13. ESTACIÓNS CON XOGOS POPULARES. Sesión 24.
Obxectivos.
Traballar en equipo de forma autónoma e coordinada.
Mellorar o traballo de coordinación 
visomotora, concentración, habilidade e precisión manual.
Coñecer os xogos populares da nosa zona.
Materiais.
Xogos de petanca, bólas, zancos, aro e gancheta, aros, tizas,piedras...
PARTE INICIAL.
Recordamos a dinámica da clase (traballo por estacións). Pedímoslles que traballen en equipo e que se organicen de forma autónoma.
Nos cambios de estación deben deixar as estacións recollidas para o seguinte equipo.
PARTE PRINCIPAL.
Organizamos 4 estacións onde os alumnos traballarán diferentes xogos populares.
  1. ESTRÍCULA O PELETRE.
Hai diferentes formas de pintala no chan pero a máis común é esta: Píntase un cadrado co número 1 dentro, logo outro cadrado co 2, outro co 3, intentando que sexan máis ou menos iguais. No cuarto piso do peletre píntanse dúas casas, unha co número 4 e ao seu lado outra co 5. A casa superior ocúpaa o 6 e as dúas últimas son tamén casas dobres cos números 7 e 8. Logo outro piso cunha soa casa co número 9. A continuación debuxarase unha casa co número 10.
O xogo comeza tirando unha pedra pequena (tamén chamada peletre) no cadrado número 1, intentando que a pedra caia dentro do cadrado sen tocar as raias externas. Comézase a percorrer o peletre a pata coxa sen pisar as raias, gardando o equilibrio ata que se chega ao cuarto piso onde hai dúas casas e podemos apoiar os dous pés. Seguimos o número 6 a pata coxa e novamente no 7 e o 8 apoiamos os dous pés. Agora hai que volver ao número 1. Debemos saltar e darnos a volta sen pisar as raias e desfacer o mesmo camiño ata o número 1 onde nos agacharemos a pola pedra sen apoiar o outro pé.
Se non pisamos raia continuamos o xogo agora tirando a pedra na casa número 2 e repetindo o mesmo. Se a pedra non caese na casa número 2 ou tocase raia pasaría a quenda ao seguinte xogador. O obxectivo é tirar a pedra nas demais casas sucesivamente. Quen remate antes a rolda gaña.
Tamén faremos outras estrículas diferentes con menos cadrados e faremos a caracola.
  1. PETANCA.
Ao comezar o xogo lánzase o boliche dende unha circunferencia de lanzamento que debe colocarse como mínimo a 1 m de calquera obstáculo. Para que o devandito lanzamento sexa válido, o boliche debe quedar a unha distancia entre 6 e 10 m da circunferencia de lanzamento e polo menos a 1 m de calquera obstáculo.
Despois, cada xogador lanza, por quenda, tres bólas na modalidade individual e en dobres (dous equipos de dous xogadores) e dous se se xoga por tríos (dous equipos de tres xogadores). Os lanzamentos poden ser de tres tipos: de aproximación ao boliche; de "tiro" para intentar afastar unha bóla dun xogador contrario golpeándoa; e de "apoio", facendo rodar a bóla para achegar máis unha propia ao boliche ou para afastar unha contraria.
Si ao final desta partida, o equipo vermello ten unha bóla máis preto do boliche que calquera bóla do equipo azul. O equipo vermello gaña un punto.
Si hai dúas bólas do equipo vermello máis preto do boliche que calquera bóla do equipo azul. O equipo vermello gaña dous puntos. Unha vez concluída a partida, cada bóla que se encontre máis preto do boliche que as dos contrarios apúntase un punto. Gaña o xogador ou o equipo que chegue antes, xeralmente, a trece puntos para partidas entre xogadores individuais ou equipos de dobres ou a quince puntos no caso de tríos.
  1. ZANCOS, ARO E GANCHETA.
Os alumnos poderán experimentar e xogar co aro e a gancheta de ferro que temos na escola, ademais poderán aprender a andar nos zancos. Temos zancos de plástico e de madeira. Os alumnos e os profesores libres poderán axudarlles a andar con eles.
  1. AS BÓLAS.
Para xogar ás bólas debuxaremos un círculo de 2 metros de diámetro. Cada xogador terá unha bóla. Empezaremos lanzando as bólas dentro do círculo. O obxectivo é botar fóra do círculo as bólas dos nosos compañeiros sen que saia a nosa. Os xogadores decidirán unha quenda de tiros. Cada xogador pode realizar un tiro, pero se conseguen dar á bóla doutro repiten tiro.
VOLTA Á CALMA.
Recollemos o material e comentamos que estación nos gustou máis, que xogos coñecían e practicaran antes, que xogos quererían repetir nas sesións de educación física...

OBSERVACIÓNS.







Unidade 14. ESTACIÓNS CON XOGOS POPULARES. Sesión 25.
Obxectivos.
Traballar en equipo de forma autónoma e coordinada.
Mellorar o traballo de coordinación 
visomotora, concentración, habilidade e precisión manual.
Coñecer os xogos populares da nosa zona.
Materiais.

PARTE INICIAL.
UN, DOUS, TRE, PÉS QUIETOS.
Consiste en alcanzar unha parede sen que o que panda vexa moverse aos participantes.
Un dos xogadores vólvese contra unha parede e o resto colócase detrás del a varios metros de distancia. O primeiro canta a seguinte canción:
Un, dous, tres!
Pés quietos!

Mentres dura a canción, os participantes achéganse rapidamente e paran cando esta remata. O que panda se xira rapidamente e se pilla alguén en movemento, este deberá retroceder ata a liña de saída. Entón, volve cantar a canción e así sucesivamente.
O xogo continúa ata que todos os xogadores tocaron a parede. O último que o conseguiu será o seguinte en pandar.

  • Recordamos a dinámica da clase (traballo por estacións). Pedímoslles que traballen en equipo e que se organicen de forma autónoma.
            Nos cambios de estación deben deixar as estacións recollidas para o seguinte equipo.
PARTE PRINCIPAL.
Organizamos 4 estacións onde os alumnos traballarán diferentes xogos populares.
  1. A RA. O xogo da ra é un xogo de lanzamento de precisión múltiple onde se intenta introducir un determinado número de fichas na boca da ra. Os alumnos tirarán por quendas. Cada ficha que entre na boca da ra será un punto conseguido.
  2. A COMBA.  Os alumnos realizarán xogos de comba aprendidos nas sesións de Educación Física. (Rei, rei; Os chinitos; Quen vén comigo a bailar; Invítote; etc.
  3. A GOMA.  Os alumnos realizarán xogos de goma aprendidos nas sesións de Educación Física. (chirlosmirlos, chocolate, alturitas, triángulo, arañeira...)
  4. AS BÓLAS.  Faremos unha estrada ou camiño con distintos obstáculos (montículos, costas, ramas...) cada alumno terá unha quenda de tirada. En cada quenda poderán tirar tres veces seguidas, sempre e cando a bóla non saia do camiño.
    Se se saen do camiño deberán volver ao sitio por onde se saíu a bóla.
    O primeiro que chega á meta gaña.
VOLTA Á CALMA.
Recollemos o material e comentamos que estación nos gustou máis, que xogos coñecían e practicaran antes, que xogos quererían repetir nas sesións de educación física...
OBSERVACIÓNS.



domingo, 10 de maio de 2015

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015



Aquí deixámosvos un traballo de Xosé Antón Vicente Rodríguez: "BRINCALETRAS".
Neste traballo podemos coñecer moitas cousas do autor homenaxeado deste ano: Xosé Filgueira Valverde.



LIM orientado para infantil, pero axudaranos a coñecer moitas máis cousas do autor.


LIM orientado para 1º y 2º de Primaria.



LIM "O POMAR".  XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE.1º e 2º DE PRIMARIA


DE ESTACIÓN EN ESTACIÓN.


Nesta sesión traballamos en equipo, escoitándonos e tomando nós as decisións das tarefas (tendo en conta as regras das distintas situacións de xogo).
Foi unha sesión moi tranquila pero moi enriquecedora.






Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own free slideshow

23ª SESIÓN. TRABALLAMOS POR ESTACIÓNS.


Unidade 13.   TRABALLO POR ESTACIÓNS   Sesión 23.
Obxectivos.
Traballar en equipo de forma autónoma e coordinada.
Mellorar o traballo de coordinación 
visomotora, concentración, habilidade e precisión manual.
Materiais.
Chapas, vasos de iogur, aros, tarxetas con figuras de  tangram, xogos de tangram, pelotas de tenis, picas...
PARTE INICIAL.
Recordamos a dinámica da clase (traballo por estacións). Pedímoslles que traballen en equipo e que se organicen de forma autónoma.
Nos cambios de estación deben deixar as estacións recollidas para o seguinte equipo.
PARTE PRINCIPAL.
1ª ESTACIÓN.
Realizaremos unha carreira de chapas nun labirinto. Teremos unha entrada e unha saída. Os xogadores establecerán unha quenda de lanzamento. Debemos facer todo o percorrido sen tocar as liñas do labirinto, se tocamos as liñas volveremos ao lugar do último lanzamento.
2ª ESTACIÓN.
Realizaremos unha torre de iogures tendo como base un aro grande. Empezaremos completando o primeiro piso, logo o segundo, terceiro..., ata chegar ao cume.
Nesta estación non desfaremos a torre construída, senón que a deixaremos para que continúe o seguinte equipo.
3ª ESTACIÓN.
Realizaremos distintas figuras do tangram, para iso contaremos con xogos de tangram e tarxetas con diferentes siluetas (gato, parrulo, ganso...).
4ª ESTACIÓN.
Xogaremos ao billar. No ximnasio temos dous campos de billar. Xógase 1 X 1. Cada campo de billar ten dous campos rectangulares. O obxectivo é conseguir deixar o maior número de pelotas de tenis no campo do contrario. Cada xogador lanzará alternativamente 6 pelotas de tenis axudándose cunha pica coma se fose o pau de billar.

VOLTA Á CALMA.
Recollemos o material utilizado na sesión.

OBSERVACIÓNS.