xoves, 19 de marzo de 2015

PODEMOS VER A ECLIPSE NA INTERNET.



Podemos ver a eclipse na páxina da Armada Española. Transmitirán imaxes cada 15 segundos. Outra maneira de disfrutar da eclipse.






ANIMACIÓNS DA ECLIPSE.


mércores, 18 de marzo de 2015

A ECLIPSE E A MULTIPLICACIÓN.



Esta semana xogamos coa eclipse, que viviremos este venres 20 de marzo, e experimentamos diferentes maneiras de multiplicar intentando achegarnos a outras formas de calcular para poder obter o resultado da multiplicación. E todo iso rodeado de actividades lúdicas, unha forma divertida de aprender....






Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize a slideshow design

19ª SESIÓN. A MULTIPLICACIÓN.



Unidade 10.       A MULTIPLICACIÓN   Sesión 19.
Obxectivos.
Situar a posición do Sol, a Lúa e a Terra cando sucede unha eclipse.
Traballar de forma manipulativa o significado da multiplicación.
Materiais.
Aros, tapóns de auga, vasos de iogur, tarxetas...
PARTE INICIAL.
A CARREIRA DO SOL. ECLIPSE.
Denominamos eclipse de Sol ao fenómeno polo cal a luz do Sol é total ou parcialmente ocultada ao interpoñerse un astro entre o Sol e o observador. Nas eclipses de Sol vistas dende a Terra, o astro que oculta o Sol é a Lúa.

Neste xogo de pilla, a Terra ten que pillar ao Sol que podemos ser calquera de nós e o Sol escapa. Cando o que pilla persegue un compañeiro non pode deixar de perseguir o compañeiro ata que o pille ou ata que outro compañeiro (neste caso facendo o papel da lúa) se cruce entre o perseguidor e o perseguido (Terra/Sol).
Se a lúa se cruza, convértese no novo Sol e o que panda (Terra) deberá intentar pillalo. E así sucesivamente.
ECLIPSE:
Un neno/a é a TERRA, e encárgase de perseguir ó resto que son o SOL. Para evitar ser tocado, cada SOL pode berrar “ECLIPSE!!!” transformándose en LÚA e permanecendo estática (“ahora xa non me ves, teño a lúa diante”).
O obxectivo da TERRA é facer que todos os SOLES se convirtan en LÚAS.
·         No caso de que a TERRA logre pillar un SOL, intercambian as súas funcións.
·         Unha LÚA pode volver a moverse despois de berrar ECLIPSE. Para iso, un SOL debe realizar un xiro completo arredor dela (é a maneira de “salvarse”, imitando a órbita dun satélite ou planeta).

PARTE PRINCIPAL.
PROBAS:
1ª PROBA: Realizar unha serie de actividades ordenadas nun circuíto (pasar ritmicamente sobre unha fileira de aros, traballar equilibrio sobre uns bancos suecos). Ao final do circuíto encontrarán unha serie de tarxetas que deberán recoller dun nun.
Exemplo de tarxetas (3 + 3 + 3 +3)
2ª PROBA: Deberán representar as tarxetas utilizando tapóns de auga e vasos de iogur. Os vasos de iogur representarán o número de sumandos e os tapóns a cifra que se repite e que deberán meter en cada vaso de iogur. Tentaremos achegar a eles á expresión da multiplicación (o número 3/tapóns de auga X 4 veces /vasos de iogur) Cando nos dean a resposta axeitada regalámoslles a tarxeta correspondente. (3 X 4)
3ª PROBA: Unha vez representadas as tarxetas, deberán calcular o resultado da suma e, por suposto, da multiplicación. Anotarán os resultados nunha folla.
EN BUSCA DO RESULTADO.
Os alumnos unha vez que coñecen os resultados das tarxetas deberán buscalos por unha zona determinada (parque infantil), xa que estarán escondidos.
VOLTA Á CALMA.
Bailar todos xuntos "As táboas de multiplicar"
OBSERVACIÓNS




























venres, 13 de marzo de 2015

ACTIVIDADES PARA MULTIPLICAR.


Presentámosvos diferentes fichas para imprimir sobre a multiplicación. Este material foi publicado en "Cosquillas en la panza blog"



AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR.


Recursos educativos para coñecer as táboas de multiplicar.




RECURSO DA WEB "EL TANQUE MATEMÁTICO"



Este xogo está formado por diferentes pantallas que conteñen pelotas con números que botan. Os alumnos deberán facer click na pelota coa resposta correcta. As primeiras pantallas conteñen poucas bólas, pero a medida que se avanza o número de bólas irá aumentando así como a dificultade da operación matemática.




O protagonista desta proposta é o señor PI, un heroe que debe rescatar o seu amigo Bombi, que foi secuestrado por Malasombra. Para axudar ao seños PI, os estudantes deberán impulsar a nave na que voa. E como o fan? Respondendo a diferentes preguntas da táboa de multiplicar. Se acertan, a nave aumentará a súa velocidade; en caso de fallar, quen gañará en velocidade é Malasombra. Incluíronse tres niveis de dificultade.



A mecánica deste xogo é moi sinxela e divertida. Cada unha das pantallas formula unha operación matemática (por exemplo, 7 x 4, 1 x 5, 7 x 9, 4 x 3...) e os alumnos teñen que facer clic no animal que leva a resposta correcta. Deberán ser rápidos porque son moi rápidos nos seus movementos.


Este xogo desenvólvese no mundo do circo e o interesante é que, a través dos retos formulados, o alumnado comprenderá dunha forma amena o proceso das operacións de multiplicar, con explicacións didácticas e actividades que recrean divertidas situacións. A continuación, poñerán a proba os seus coñecementos. De especial utilidade para os estudantes de 2º e 3º de Primaria que descubrirán estratexias de cálculo, conceptos de comprensión e representación...




domingo, 8 de marzo de 2015

ECLIPSE SOLAR O 20 DE MARZO.


O inicio da primavera coincidirá este ano cunha eclipse solar e o mellor de todo é que o podemos ver dende A Pobra.
Aquí deixámosvos a páxina do Instituto Xeográfico Nacional onde nos explican todo o que nos pode interesar.



xoves, 5 de marzo de 2015

UN GRAN CREBACABEZAS.


Esta semana estivemos a recordar os contidos das plantas a través da realización dun gran crebacabezas.







Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own free slideshow

MÁIS RECURSOS SOBRE PLANTAS.






LIM DAS PLANTAS.

Aquí tedes unha actividade Lim sobre as plantas para recordar os contidos traballados neste trimestre.

18ª SESIÓN. AS PLANTAS.



Unidade 8.            AS PLANTAS      Sesión 18.
Obxectivos.
Recordar os contidos traballados este trimestre sobre as plantas e as súas características. Que aprendemos?
Materiais.
Crebacabezas, pelota, gomas elásticas, picas, ladrillos,...
PARTE INICIAL.
"OS REMANGADOS".
Xógase mellor nun campo delimitado e con paredes.
Dous alumnos quedan. Para diferenciarse dos demais, remánganse, as mangas do xersei e as perneiras do pantalón.
O obxectivo é dar coa pelota aos demais, que fuxirán correndo polo campo.
Dos que quedan, quen teña o balón non pode camiñar. Polo tanto, só pode desprazarse o que non teña a pelota.
Conforme se vaian tocando coa pelota aos xogadores, estes convértense en remangados (deben remangarse), e poden participar no xogo pasándose o balón ou lanzándollelo aos que escapan.
A partida finaliza cando se toca coa pelota o último alumno dos non remangados.
Debe utilizarse unha pelota branda.
Os dous que comezan como remangados teñen "vida".
PARTE PRINCIPAL.
O CREBACABEZAS.
Realizaremos un crebacabezas con distintas informacións das plantas. Para poder conseguir todas as pezas do crebacabezas os alumnos deberán realizar distintas probas.
1ª PROBA: Pasar pola arañeira. Cada grupo deberá pasar por unha arañeira (elaborada cunha armazón de gomas) para chegar ao lugar onde se encontran as pezas necesarias (póla, talo, raíz, folla perenne ou caduca). Grupos de catro, se nalgún grupo somos máis os últimos deberán pasar por parellas.
2ª PROBA: Desprazarémonos en pelota canguro para poder recoller as pezas que necesitamos para o crebacabezas. A pelota canguro será o relevo que nos permitirá traballar por quendas. As pezas forman un debuxo dunha árbore determinada. Cada grupo deberá coller as pezas que teñan unha determinada figura xeométrica no seu reverso (triángulo, rectángulo, pentágono e hexágono)
3ª PROBA: Deixámoslles un tempo determinado para intentar completar o crebacabezas. Despois deberán colocar as palabras da primeira proba de forma correcta.
Ao final necesitarán recoller unhas fotografías que nos dan información da folla, flor e froito de cada árbore.
Para iso deberán desprazarse dun nun (en forma de relevo) de formas diferentes de desprazamentos ( non se poden repetir).
As fotos terán por detrás o nome da árbore á que pertencen, se se equivocan de foto deben deixala no seu sitio e volver ao equipo coas mans baleiras.
VOLTA Á CALMA.
Asemblea sobre a sesión.
OBSERVACIÓNS.