QUEN SOMOS




Somos un equipo de mestres do ensino público galego con destino no C.E.P. Salustiano Rey Eiras da Pobra do Caramiñal. Provincia da Coruña.
O equipo está formado por tres titores do 2º nivel e unha especialista de Educación Física. 
Participamos no Plan Proxecta, unha proposta innovadora da Consellería, onde prima o traballo colaborativo e a implicación de toda a comunidade educativa. Dentro deste plan participamos no Programa "Máis e Mellor Actividade Física", que  conxuga a actividade física coa aprendizaxe das diferentes áreas.

O proxecto de "Movémonos globalizando" está orientado ao traballo da adquisición das Competencias Básicas e das seguintes áreas: Educación Física, Coñecemento do Medio, Matemáticas e Linguas.

A Globalización vai a ser o núcleo principal do noso proxecto. 
Os centros de interese traballados serán pretos e motivadores para o alumnado, facilitando a percepción do entorno dunha maneira máis global.

Ningún comentario:

Publicar un comentario