mércores, 25 de febreiro de 2015

ENTROIDO NO COLE.




Aquí podedes ver as fotos da festa de Entroido que están colgadas no blog do cole. Tamén as podedes descargar.
Para ver as fotos fai clic na imaxe.





Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own picture slideshow

luns, 23 de febreiro de 2015

A PROBA DOS DISFRACES.


Fixemos a proba dos nosos disfraces, que nerviosos e guapos estabamos. Sentiámonos orgullosos do noso traballo...




Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
A slideshow design by Smilebox

domingo, 22 de febreiro de 2015

O ENTROIDO EN GALICIA.

Durante estas semanas vivimos o entroido na aula de MMAF e de Educación Física.








Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize your own free slideshow

sábado, 21 de febreiro de 2015

16ª/17ª SESIÓNS. O ENTROIDO EN GALICIA


Durante estas semanas estivemos a traballar no taller de disfraces. Unha vez rematados os disfraces e realizada a proba destes decidimos vivir o entroido na aula de MMAF e de Educación Física.


Unidade 8.        O ENTROIDO    Sesión    16.
Obxectivos.
Practicar xogos relacionados coas tradicións dos carnavais en Galicia.
Materiais.
Pelotas, conos, música, material diverso do ximnasio...
PARTE INICIAL.
GRAN BAILE DO ENTROIDO.
Bailamos ao ritmo da música, cando a música se para os alumnos quedarán en equilibrio estático, formando distintas figuras.
LUNS DE FARRAPOS.
Onde se convoca na praza unha guerra de trapos empapados ou embarrados, ao xeito dunha guerra de tortas, de todos contra todos. Nós, utilizaremos a metade de pelotas que de xogadores. E realizaremos un xogo de eliminar, todos contra todos. Que teña a pelota pode eliminar aos demais lanzándoa dende o sitio, os eliminados sentaranse no chan. Poderán erguerse se collen unha pelota perdida. O que ten a pelota non pode desprazarse. Ao que vexamos que se move do sitio quedará eliminado definitivamente. Non podemos eliminar alguén que teña unha pelota na man.
PARTE PRINCIPAL.
COMPADRES E COMADRES.
VIANA DO BOLO ten a celebración do Xoves de compadres, onde os rapaces tiran fariña ás rapazas, Xoves de comadres, onde sucede xusto o contrario. Realizaremos un xogo de pilla con pelotas. Primeiro pillarán os rapaces as rapazas. Con tres pelotas e sen poder desprazarse cando teñen a pelota nas mans. Rematará o xogo cando todas estean pilladas. Despois tocaralles a quenda ás rapazas.
DOMINGO OLEIRO.
Os participantes fan rodas na praza Maior para lanzar os recipientes. O que o deixe caer ao chan, ten que pagar unha xerra de viño tinto. Formamos unha roda. Pasar a pelota arredor da roda. Se conseguimos unha volta enteira sen que caia a pelota, damos todos os compoñentes un paso atrás e repetimos a acción. Se cae a pelota, quedarán eliminados os dous (o que lanza e o que recibe).
Os eliminados irán a botar unha pelota de todas as maneiras e combinacións posibles, sen desprazamentos.
VOLTA Á CALMA.
XOGO DA PIÑATA e XOGOS INFANTÍS Exploración dos Xogos Tradicionais.
Gran baile. (Baile da vasoira)                   
ENTERRO DA SARDIÑA.
OBSERVACIÓNS.
Asemblea relacionada coa sesión. Gustáronvos os xogos? Coñeciades esas formas de celebrar o carnaval? Coñecedes outras maneiras de celebralo?










Unidade 8.           O ENTROIDO     Sesión 17.
Obxectivos.
Practicar xogos relacionados coas tradicións dos carnavais en Galicia.
Materiais.
Pelotas, conos, música, material diverso do ximnasio...
PARTE INICIAL.
GRAN BAILE DO ENTROIDO.
O DOMINGO FARELEIRO.
Os farelos de Laza, que van mesturados con voraces formigas que manteñen varios días sen comer e excitan con vinagre, moitos veciños da capital da Limia aproveitan o día para facer algunha viaxe ou permanecen ocultos na casa, para librarse da fariña. Nós, utilizaremos 3 pelotas. E realizaremos un xogo de eliminar, todos contra todos. Que teña a pelota pode eliminar aos demais lanzándoa dende o sitio, os eliminados quedarán fóra do xogo, como "castigo" botarán unha pelota sen parar de distintas maneiras ou formas. O que ten a pelota non pode desprazarse. Non podemos eliminar alguén que teña unha pelota na man.
PARTE PRINCIPAL.
O OSO.
Contan ademais cunha das "criaturas" mais salvaxes da tradición, o "oso" que recuberto de "toxos", tratara de arremeter a todo aquel que se cruce con el, mentres o seu "amo" trata de dominalo suxeito cunha corda. Un xogador fará de oso. Terá que pillar os xogadores que se encontrarán bailando na praza. En lugar de estar suxeito a unha corda, desprazarase a catro patas intentando pillar os xogadores que bailarán por parellas.
O MECO.
O "MECO" percorrerá ás rúas e prazas do casco lanuxe, acompañado de corrozas e fachóns, para ser aforcado na Praza Maior, baixo vos sons dás gaitas. NOTA: Agradécese que todas ás persoas que participen na procesión do Meco veñan ataviadas con caretas.
Realizaremos unha carreira de relevos, parecido ao xogo do rescate. Todos estarán a un lado do campo, menos o capitán que estará ao outro. A un sinal, o capitán irá a salvar o primeiro que terá que levalo a cabaliño para que non toque o chan. Cando os dous chegan ao outro lado, deberán ir a buscar a un terceiro e pasarano sen que toque o chan. Así ata que pase todo o grupo. O grupo que antes pase gañará. O que chegue de último será o Meco aforcado
VOLTA Á CALMA.
XOGO DA PIÑATA e XOGOS INFANTÍS
O tren da bruxa.
BAILE NA PRAZA MAIOR.
"ENTERRO DA SARDIÑA"
OBSERVACIÓNS.
Asemblea relacionada coa sesión. Gustáronvos os xogos? Coñeciades esas formas de celebrar o carnaval? Coñecedes outras maneiras de celebralo?







xoves, 12 de febreiro de 2015

O TALLER DE DISFRACES.


Estas dúas semanas estivemos a traballar no taller de disfraces.

Tivemos que comprar as "teas" necesarias para realizar o noso disfrace. Traballamos en equipo e para iso tivemos que axudarnos para levar os cartos xustos para comprar botóns, cintos, sombreiros, saias, capas...
Os máis rápidos axudamos aqueles que ían un pouco máis a modo ca nós.
Fixemos un montón de cousas e o pasamos moi ben.
Xa estamos preparados para o desfile!!!!
QUE NERVIOS!




Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
A free digital slideshow by Smilebox

14ª/15ª SESIÓNS. TALLER DE DISFRACES



Unidade 7.        O ENTROIDO      Sesión 14/15.
Obxectivos.
Coñecer o valor das moedas e billetes de euro.
Comprar o material necesario para a elaboración do disfrace utilizando para iso cartos e prezos simbólicos.
Representar unha cantidade exacta de moedas e billetes.
Utilizar as expresións cotiás e adecuadas ao comprar no taller.
Materiais.
Diñeiro simbólico, material escolar (lapis, tesoiras, goma de borrar...) aironfix de diferentes cores, papel pinocho, cartolinas, fita illante, lazos, bolsas de plástico de diferentes cores, grampas, celo ancho....
PARTE PRINCIPAL.
Explicamos aos nenos a dinámica do taller, o valor do material e a importancia da organización, colaboración e cumprimento das normas para un bo funcionamento do taller.
Formamos grupos reducidos onde todos deben traballar xuntos e axudarse uns a outros, tanto para traer o diñeiro exacto da compra coma para elaborar o disfrace.
Mostrámoslles aos alumnos o valor do material e a orde na que deberán compralo.






mércores, 11 de febreiro de 2015

O ENTROIDO COS BOLECHAS



Presentámosvos un caderno dos Bolechas onde nos contan máis curiosidades sobre o Entroido, podemos realizar algunhas entretidas actividades e podemos atopar as caretas dos bolechas para imprimir. Para ver o documento clica na imaxe.
Espero que vos guste.







luns, 9 de febreiro de 2015

ENTROIDO NA CARBALLEIRA

Aquí temos o conto do "Entroido na Carballeira", traballado tamén nas actividades LIM.


ACTIVIDADES FOTOCOPIABLES DO ENTROIDO.

Actividade que fala dos días da semana e dos disfraces de PlumPlumé un dos personaxes do Lim do Entroido. Recurso atopado no Blog Aula Tic de Ana Martínez Rey.











Fichas en castelán e galego sacadas do Blog "¿Que hacemos hoy en el cole?" de Jessica.



ACTIVIDADES DO ENTROIDO

Aquí deixámosvos unhas actividades LIM que nos falan do Entroido. Espero que vos gusten.



ENTRAR



ENTRAR


ENTRAR






domingo, 8 de febreiro de 2015

OS EUROS.


Como estamos a traballar os euros, déixovos un arquivo con actividades para coñecer mellor o seu valor. Tamén podedes descargar o arquivo. Descarga ao final da publicación.










venres, 6 de febreiro de 2015

30 DE XANEIRO. DÍA DA PAZ.



30 de xaneiro. Dia Escolar da Non Violencia e a Paz.

Xornada educativa non gobernamental fundada en España en 1964 polo poeta e pacifista mallorquino Llorenç Vidal como punto de partida e de apoio para unha educación non-violenta e pacificadora de carácter permanente e que se practica o 30 de xaneiro de cada ano, no aniversario da morte do Mahatma Gandhi.

Tivemos que celebralo a semana seguinte debido ao mal tempo.




Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own picture slideshow

xoves, 5 de febreiro de 2015

"BLANCANIEVES E OS SETE ENANITOS"



Este ano disfrazarémonos de personaxes de contos. As aulas de 2º disfrazaranse de Blancanieves e os sete enanitos.
Aquí presentamos algúns vídeos relacionados co tema.









LA CUEVA DE TRAGAPALABRAS



"La Cueva de Tragapalabras" é unha aplicación multimedia que está concibida para servir como material de apoio no proceso de ensino e aprendizaxe da lectoescritura.


ENTRAR