sábado, 21 de febreiro de 2015

16ª/17ª SESIÓNS. O ENTROIDO EN GALICIA


Durante estas semanas estivemos a traballar no taller de disfraces. Unha vez rematados os disfraces e realizada a proba destes decidimos vivir o entroido na aula de MMAF e de Educación Física.


Unidade 8.        O ENTROIDO    Sesión    16.
Obxectivos.
Practicar xogos relacionados coas tradicións dos carnavais en Galicia.
Materiais.
Pelotas, conos, música, material diverso do ximnasio...
PARTE INICIAL.
GRAN BAILE DO ENTROIDO.
Bailamos ao ritmo da música, cando a música se para os alumnos quedarán en equilibrio estático, formando distintas figuras.
LUNS DE FARRAPOS.
Onde se convoca na praza unha guerra de trapos empapados ou embarrados, ao xeito dunha guerra de tortas, de todos contra todos. Nós, utilizaremos a metade de pelotas que de xogadores. E realizaremos un xogo de eliminar, todos contra todos. Que teña a pelota pode eliminar aos demais lanzándoa dende o sitio, os eliminados sentaranse no chan. Poderán erguerse se collen unha pelota perdida. O que ten a pelota non pode desprazarse. Ao que vexamos que se move do sitio quedará eliminado definitivamente. Non podemos eliminar alguén que teña unha pelota na man.
PARTE PRINCIPAL.
COMPADRES E COMADRES.
VIANA DO BOLO ten a celebración do Xoves de compadres, onde os rapaces tiran fariña ás rapazas, Xoves de comadres, onde sucede xusto o contrario. Realizaremos un xogo de pilla con pelotas. Primeiro pillarán os rapaces as rapazas. Con tres pelotas e sen poder desprazarse cando teñen a pelota nas mans. Rematará o xogo cando todas estean pilladas. Despois tocaralles a quenda ás rapazas.
DOMINGO OLEIRO.
Os participantes fan rodas na praza Maior para lanzar os recipientes. O que o deixe caer ao chan, ten que pagar unha xerra de viño tinto. Formamos unha roda. Pasar a pelota arredor da roda. Se conseguimos unha volta enteira sen que caia a pelota, damos todos os compoñentes un paso atrás e repetimos a acción. Se cae a pelota, quedarán eliminados os dous (o que lanza e o que recibe).
Os eliminados irán a botar unha pelota de todas as maneiras e combinacións posibles, sen desprazamentos.
VOLTA Á CALMA.
XOGO DA PIÑATA e XOGOS INFANTÍS Exploración dos Xogos Tradicionais.
Gran baile. (Baile da vasoira)                   
ENTERRO DA SARDIÑA.
OBSERVACIÓNS.
Asemblea relacionada coa sesión. Gustáronvos os xogos? Coñeciades esas formas de celebrar o carnaval? Coñecedes outras maneiras de celebralo?










Unidade 8.           O ENTROIDO     Sesión 17.
Obxectivos.
Practicar xogos relacionados coas tradicións dos carnavais en Galicia.
Materiais.
Pelotas, conos, música, material diverso do ximnasio...
PARTE INICIAL.
GRAN BAILE DO ENTROIDO.
O DOMINGO FARELEIRO.
Os farelos de Laza, que van mesturados con voraces formigas que manteñen varios días sen comer e excitan con vinagre, moitos veciños da capital da Limia aproveitan o día para facer algunha viaxe ou permanecen ocultos na casa, para librarse da fariña. Nós, utilizaremos 3 pelotas. E realizaremos un xogo de eliminar, todos contra todos. Que teña a pelota pode eliminar aos demais lanzándoa dende o sitio, os eliminados quedarán fóra do xogo, como "castigo" botarán unha pelota sen parar de distintas maneiras ou formas. O que ten a pelota non pode desprazarse. Non podemos eliminar alguén que teña unha pelota na man.
PARTE PRINCIPAL.
O OSO.
Contan ademais cunha das "criaturas" mais salvaxes da tradición, o "oso" que recuberto de "toxos", tratara de arremeter a todo aquel que se cruce con el, mentres o seu "amo" trata de dominalo suxeito cunha corda. Un xogador fará de oso. Terá que pillar os xogadores que se encontrarán bailando na praza. En lugar de estar suxeito a unha corda, desprazarase a catro patas intentando pillar os xogadores que bailarán por parellas.
O MECO.
O "MECO" percorrerá ás rúas e prazas do casco lanuxe, acompañado de corrozas e fachóns, para ser aforcado na Praza Maior, baixo vos sons dás gaitas. NOTA: Agradécese que todas ás persoas que participen na procesión do Meco veñan ataviadas con caretas.
Realizaremos unha carreira de relevos, parecido ao xogo do rescate. Todos estarán a un lado do campo, menos o capitán que estará ao outro. A un sinal, o capitán irá a salvar o primeiro que terá que levalo a cabaliño para que non toque o chan. Cando os dous chegan ao outro lado, deberán ir a buscar a un terceiro e pasarano sen que toque o chan. Así ata que pase todo o grupo. O grupo que antes pase gañará. O que chegue de último será o Meco aforcado
VOLTA Á CALMA.
XOGO DA PIÑATA e XOGOS INFANTÍS
O tren da bruxa.
BAILE NA PRAZA MAIOR.
"ENTERRO DA SARDIÑA"
OBSERVACIÓNS.
Asemblea relacionada coa sesión. Gustáronvos os xogos? Coñeciades esas formas de celebrar o carnaval? Coñecedes outras maneiras de celebralo?







Ningún comentario:

Publicar un comentario