Unidade 7. O ENTROIDO Sesión 14/15.
|
Obxectivos.
Coñecer o valor das moedas e billetes de euro.
Comprar o material necesario para a elaboración do disfrace utilizando para iso cartos e prezos simbólicos. Representar unha cantidade exacta de moedas e billetes. Utilizar as expresións cotiás e adecuadas ao comprar no taller.
Materiais.
Diñeiro simbólico, material escolar (lapis, tesoiras, goma de borrar...) aironfix de diferentes cores, papel pinocho, cartolinas, fita illante, lazos, bolsas de plástico de diferentes cores, grampas, celo ancho....
|
PARTE PRINCIPAL.
Explicamos aos nenos a dinámica do taller, o valor do material e a importancia da organización, colaboración e cumprimento das normas para un bo funcionamento do taller.
Formamos grupos reducidos onde todos deben traballar xuntos e axudarse uns a outros, tanto para traer o diñeiro exacto da compra coma para elaborar o disfrace.
Mostrámoslles aos alumnos o valor do material e a orde na que deberán compralo.
|
O proxecto de "Movémonos globalizando" está orientado ao traballo da adquisición das Competencias Básicas e das seguintes áreas: Educación Física, Coñecemento do Medio, Matemáticas e Linguas. A Globalización vai a ser o núcleo principal do noso proxecto. Os centros de interese traballados serán pretos e motivadores para o alumnado, facilitando a percepción do entorno dunha maneira máis global.
xoves, 12 de febreiro de 2015
14ª/15ª SESIÓNS. TALLER DE DISFRACES
Etiquetas:
sesións
Ubicación:
Puebla del Caramiñal, La Coruña, España
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario