domingo, 30 de novembro de 2014

LINGUAXE E EXPRESIÓN CORPORAL.




Ola chicos!
Sabedes que co corpo decimos moitas cousas?

Neste recurso aprenderás que, a través do corpo, os xestos e as palabras, representamos diferentes estados de ánimo, sensacións e situacións.




ENTRAR



ÓSCAR VAI AO MÉDICO.


Neste recurso poderemos traballar os seguintes temas:


  1. Visita ao médico.
  2. O coidado da nosa saúde.
  3. Comendo ben, comendo san.
  4. Visita ao dentista e ao oculista.

ENTRAR





UN COLE CHEO DE ANIMAIS!


Nesta sesión un raposo intentou atrapar a todas as galiñas do galiñeiro, seguimos creando palabras de tres sílabas e xogamos co corpo para expresar a través da mímica, do son e do debuxo distintos animais.










Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free slideshow design generated with Smilebox

9ª SESIÓN



Unidade 4.     Os animais       Sesión 9.
Obxectivos.
Coñecer algunhas características que definen aos animais.
Formar palabras de dúas o máis sílabas.
Comunicarse a través da expresión corporal e o debuxo.
Materiais.
Panos, tarxetas de sílabas, pelotas, bancos suecos, zancos pequenos, tarxetas de animais, papel continuo branco e rotuladores.
PARTE INICIAL.
O RAPOSO E AS GALIÑAS.
Queda o "RAPOSO", colócase un pano colgado na parte de atrás da cintura. O resto son "GALIÑAS" que teñen que escapar do raposo. Se o raposo lles toca, se sentan no chan, no mesmo lugar onde foron pilladas, e dende ese sitio (sen levantar o cu) poden quitarlle o pano ao raposo.
Se unha galiña pillada lle quita o pano, libera a todas as demais e convértese no novo raposo.

PARTE PRINCIPAL.
ATOPAR PALABRAS.
1ª PROBA: Botando a pelota. Imos collemos unha tarxeta e volvemos..
Despois da proba miramos que sílaba temos e intentamos xuntarnos con dous compañeiros para formar unha palabra trisílaba.
2ª PROBA: Equilibrio en bancos, pasar por enriba dos bancos e volver coa tarxeta mantendo o equilibrio. Pasamos de dous en dous e temos que axudarnos para non caer ningún dos dous da ponte.
Buscamos palabras trisílabas.
3ª PROBA: Camiñamos sobre zancos pequenos. Recorrido mais pequeno. Recoller tarxetas e volver.
Formamos palabras trisílabas.
ENSALADA DE LETRAS.
Con todas as sílabas da actividade anterior intentaremos construír palabras novas aínda que teñan un maior ou menor número de sílabas. Que encontramos?

VOLTA Á CALMA.
JUEGO DE MIMICA E PICTOGRAMAS.
Temos unhas tarxetas cos debuxos de diferentes animais (mamíferos, aves, peixes, anfibios,réptiles...). Escolleremos un alumno ao azar. Este escollerá unha tarxeta e a través da mímica deberá intentar dicirlles os seus compañeiros que animal encontrou na súa tarxeta.
Se despois dun tempo non conseguen adiviñalo, deixaremos que o compañeiro produza a onomatopeia do animal, e se non o adiviñan deixaremos que o compañeiro se comunique a través do debuxo.

OBSERVACIÓNS.









luns, 24 de novembro de 2014

XOGAMOS E XOGAMOS....


Nesta sesión xogamos a pilla cos números, espertamos a un crocodilo dormilón e seguimos xogando coas palabras.






Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This slideshow made with Smilebox

domingo, 23 de novembro de 2014

8ª SESIÓN.



Unidade 3.              A SAÚDE       Sesión 8.
Obxectivos.
Repasar conceptos como anterior, posterior, maior, menor, igual, par, impar, etc.
Traballar a composición e descomposición de números.
Formar palabras de dúas o máis sílabas.
Materiais.
Tarxetas numeradas, tarxetas con sílabas, música, conos, pelotas, ximnasio,...
PARTE INICIAL.
PILLA DE NÚMEROS.
Coa canción dos números bailamos polo ximnasio. Esta canción canta os números ata o 100. Os alumnos terán un número determinado e bailarán ao ritmo da música. Cando a música se pare o último número nomeado pillará ao resto (este número pode ser un compañeiro ou dous: 30 + 2 = 32) . Se nos pillan sentarémonos no chan ao indio.
Cando empece de novo a música, todos nos poñeremos a bailar de novo, esteamos pillados ou non.

CROCODILO DORMILÓN.
Cada un leva un número. Dous compañeiros (centenas) fan de crocodilos durmiñóns (tombados no chan), o resto rodeámolos formando unha roda. Cantámoslles a seguinte canción: "Buenos días, buenos días, cocodrilo dormilón. Ya despierta! Ya despierta! No te hagas el remolón. No nos coges, no nos pillas porque eres un tardón. Corre, corre! Mira, mira! Ya despierta el dormilón!”
Cando remata a canción, os crocodilos levántanse e pillan soamente dous (unha decena e unha unidade). Miramos que número formaron e intentamos descompoñelo. Podemos traballar par, impar, anterior, posterior..., pero de forma oral.
Na seguinte volta temos tres crocodilos e ao final da canción conseguiremos tres números. E así sucesivamente.

PARTE PRINCIPAL.
ATOPAR PALABRAS.
1ª PROBA: Cono na cabeza coma se fose un sombreiro realizar un percorrido, coller unha tarxeta e volver facendo o mesmo exercicio.
Despois da proba miramos que sílaba temos e intentamos xuntarnos a outro compañeiro para formar unha palabra bisílaba.
ENSALADA DE LETRAS.
Con todas as sílabas da actividade anterior intentaremos construír palabras novas aínda que teñan un maior ou menor número de sílabas. Que encontramos?

VOLTA Á CALMA.
Falamos da sesión.

OBSERVACIÓNS.



venres, 14 de novembro de 2014

CANCIÓNS DO CORPO.


                                                                   O CORPO.


JUAN PEQUEÑO BAILA. ESTE OLLIÑO PIMPILÍN. COAS MIÑAS MANS. Mamá Cabra EL BAILE DEL ESQUELETO. CABEZA, HOMBROS, RODILLAS, PIES.

CANCIÓNS DO MAGOSTO.


                            TRES CASTAÑAS POLO CHAN.  Susa Herrera.



O RAP DO MAGOSTO. CHEGOU O MAGOSTO.  Jesús Pareja.

mércores, 12 de novembro de 2014

O MAGOSTO.


Nesta sesión traballamos coa temática do Magosto. Como o tempo non nos permitiu xogar fóra fixémolo dentro do ximnasio.
Encontrámonos cuns monstros moi raros que comían castañas, cos donos dun castaño que non querían compartir, cantamos todos xuntos "Tres castañas polo chan", bailamos "O Rap do Magosto"... Seguimos vivindo numerosas aventuras!



Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow made with Smilebox







7ª SESIÓN


Unidade 3.             A SAÚDE           Sesión 7.
Obxectivos.
Traballar a temática do Magosto, esta semana celebramos o magosto.
Buscar novos números do 200-999 e conceptos como anterior, posterior, maior, menor, igual, par, impar, suma, etc.
Materiais.
Castiñeiro de cartón, monstros traga castañas, cubeletes para encestar castañas, castañas, rotuladores e lousa branca, bancos suecos, música, ximnasio...
PARTE INICIAL.
A ROUBAR CASTAÑAS.
No fondo do ximnasio temos un castiñeiro que ten moitas castañas tiradas polo chan. Os nenos intentarán recollelas dunha en unha, pero o amo ou amos do castiñeiro non llo permitirán.
O camiño da escola ao castaño estará ocupado por algúns madeiros (bancos suecos).
Se son atrapados polos donos do castaño deberán devolver a castaña (se teñen algunha) e subir a un madeiro. Os compañeiros poderán salvar aos pillados, terán que ir aos madeiros darlles a man e volver á casa collidos da man.
Non podemos facer as dúas cousas á vez nunha acción, ou salvamos un compañeiro ou roubamos a castaña.
Mentres salvamos un compañeiro, o dono pódenos pillar.
PARTE PRINCIPAL.
LANZAMENTO DE CASTAÑAS.
Formaremos dous equipos. Teremos dúas estacións de lanzamento. Nunha delas estarán os pozos de castañas e na outra os monstros das castañas. As dúas estacións terán tres zonas de lanzamento que representarán ás centenas, decenas e unidades.
Cada alumno terá unha castaña e decidirá probar sorte nas centenas, decenas ou unidades.
Despois do lanzamento comprobaremos cantas castañas temos en cada posición e que número formamos.
Cada grupo escribirá o seu número (2C-3D-7U =237) nunha lousa branca e a partir de aí traballaremos maior, menor, igual, anterior, posterior, par, impar, facer sumas, etc.
Podemos repetir os lanzamentos tantas veces como vexamos.
VOLTA Á CALMA.
TRES CASTAÑAS POLO CHAN.
Os alumnos forman unha roda sentados no chan .Un compañeiro queda fóra da roda cunha castaña. Mentres cantamos un fragmento da canción de Susa Herrera "Tres castañas polo chan", o compañeiro intentará pousar a castaña detrás dun compañeiro da roda. Ao rematar a canción o compañeiro sentado intentará atrapar ao outro antes de que se sente no seu lugar, pero primeiro deberá dar unha ou dúas voltas arredor da roda.
Repetiremos o xogo varias veces.
DENTRO DA CASTAÑA.
Cantar todos xuntos "Dentro da castaña" de Juan J. Varela Álvarez.
OBSERVACIÓNS.




martes, 11 de novembro de 2014

CONTOS E XOGOS DO MAGOSTO


Aquí tedes algunhas actividades para traballar o Magosto.

A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA.
ENTRAR


CELEBRAMOS O MAGOSTO.

ENTRAR

A CASTAÑEIRA.
ENTRAR



venres, 7 de novembro de 2014

xoves, 6 de novembro de 2014

SAMAÍN EN BANDASECA.



O 30 de Outubro celebramos o Samaín no Cole. Foi un día "Terrorífico"...."Jajajajaja"

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make your own free picture slideshow




mércores, 5 de novembro de 2014

LAS AVENTURAS DE SPOTI.




Spoti é un entrañable personaxe que, ademais de presentar mobilidade, tamén mostra emocións, aspecto que o fai aínda máis próximo aos nenos. A interactividade é unha parte central da dinámica do xogo, polo que este conta con numerosos elementos que permitirán ao personaxe divertirse mentres refórzanse contidos. 
A finalidade de adquirir hábitos saudables conséguese a partir de 12 casas que alternan xogos e probas sobre alimentación e actividade física.


Co xogo de Las aventuras de Spoti, os nenos poderán pasar dun escenario a outro, superar diversas probas didácticas que os ensinarán os hábitos necesarios para previr a obesidade, ao mesmo tempo que os iniciará no camiño cara a un estilo de vida saudable.






A SAÚDE I.



Nesta sesión traballamos sobre os números 100-199 e conceptos como centena, decena, unidade, anterior, posterior, maior, menor e igual.
Traballamos a importancia da saúde e o seu impacto sobre o noso corpo.
Ordenamos as palabras dunha frase.
Canto traballiño!!!!!!






Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize a picture slideshow

martes, 4 de novembro de 2014

6ª SESIÓN



Unidade 3.                 A SAÚDE       Sesión 6.
Obxectivos.
Traballar os números 100-199 e conceptos como anterior, posterior, maior, menor e igual.
Buscar novos números.
Traballar a importancia da saúde eo seu impacto sobre o noso corpo.
Ordenar as palabras dunha frase.
Materiais.
Tarxetas de números , canción dos números, aros, bolas xigantes, máscaras, debuxos, ximnasio, ...
PARTE INICIAL.
"A PILLA DA CENTENA”
Tres son centenas (levan un N º 1 colgado) e deben atrapar a dous compañeiros. A centena atrapa a decena e os dous collidos da man atrapan a unidade. Cando son tres deciden ler o número que forman na cadea. Temos tres números. Nós lemos os números e compañeiros aleatorios din o seu número anterior e o posterior. Segundo a colocación dos números no espazo deciden se son máis elevados, menor ou mesmo. A continuación, colocalos de maior a menor ou menor ao maior.

"POPURRI DE NÚMEROS"
Corren libres polo espazo ao sinal do director do xogo deben formar parellas, tríos ou cuartetos. Ao azar preguntarémoslles que número formaron. Adiviñarán o algarismo do número?
PARTE PRINCIPAL.
"CIRCUÍTO SAUDABLE"
Formaremos catro grupos. Cada alumno deberá percorrer un espazo ou percorrido establecido botando unha pelota xigante. Ao final do percorrido encontrarán as pezas dun crebacabezas. Todas elas esconden unha mensaxe que os nosos alumnos deberán descubrir. En cada viaxe só poderán traer unha peza. Unha vez que teñan todas as pezas do crebacabezas deberán formar unha frase que lles dará a mensaxe oculta.

"CAMIÑANDO ÁS CEGAS"
Un compoñente de cada grupo poñerá un anteface e intentará coller unha imaxe que define a mensaxe da actividade anterior. A imaxe estará ao fondo do ximnasio, alí encontraranse os seus compañeiros para guiala a través das súas voces.
VOLTA Á CALMA.
 ASEMBLEA.
Dialogamos con eles as distintas vivencias da sesión, as dificultades que se encontraron e o significado das mensaxes.
OBSERVACIÓNS.
MENSAXES.
  1. O exercicio físico é necesario para a saúde.
  2. O aseo e a limpeza evitan as enfermidades.
  3. Debemos asearnos despois de realizar exercicio físico.
  4. Debemos durmir o tempo suficiente para que o corpo se recupere.