Unidade 4. Os animais Sesión 9.
|
Obxectivos.
Coñecer algunhas características
que definen aos animais.
Formar palabras de dúas o máis
sílabas.
Comunicarse a través da
expresión corporal e o debuxo.
Materiais.
Panos, tarxetas de sílabas,
pelotas, bancos suecos, zancos pequenos, tarxetas de animais, papel continuo
branco e rotuladores.
|
PARTE INICIAL.
O RAPOSO E AS GALIÑAS.
Queda o "RAPOSO",
colócase un pano colgado na parte de atrás da cintura. O resto son
"GALIÑAS" que teñen que escapar do raposo. Se o raposo lles toca,
se sentan no chan, no mesmo lugar onde foron pilladas, e dende ese sitio (sen
levantar o cu) poden quitarlle o pano ao raposo.
Se unha galiña pillada lle quita
o pano, libera a todas as demais e convértese no novo raposo.
|
PARTE PRINCIPAL.
ATOPAR PALABRAS.
1ª PROBA:
Botando a pelota. Imos collemos unha tarxeta e volvemos..
Despois da proba miramos que
sílaba temos e intentamos xuntarnos con dous compañeiros para formar unha
palabra trisílaba.
2ª PROBA:
Equilibrio en bancos, pasar por enriba dos bancos e volver coa tarxeta
mantendo o equilibrio. Pasamos de dous en dous e temos que axudarnos para non caer ningún dos dous da ponte.
Buscamos palabras trisílabas.
3ª PROBA:
Camiñamos sobre zancos pequenos. Recorrido mais pequeno. Recoller tarxetas e
volver.
Formamos palabras trisílabas.
ENSALADA DE LETRAS.
Con todas as sílabas da
actividade anterior intentaremos construír palabras novas aínda que teñan un
maior ou menor número de sílabas. Que encontramos?
|
VOLTA Á CALMA.
JUEGO DE MIMICA E PICTOGRAMAS.
Temos unhas tarxetas cos debuxos
de diferentes animais (mamíferos, aves, peixes, anfibios,réptiles...).
Escolleremos un alumno ao azar. Este escollerá unha tarxeta e a través da
mímica deberá intentar dicirlles os seus compañeiros que animal encontrou na
súa tarxeta.
Se despois dun tempo non
conseguen adiviñalo, deixaremos que o compañeiro produza a onomatopeia do animal, e se non o adiviñan deixaremos que o compañeiro se comunique a través do
debuxo.
|
OBSERVACIÓNS.
|
O proxecto de "Movémonos globalizando" está orientado ao traballo da adquisición das Competencias Básicas e das seguintes áreas: Educación Física, Coñecemento do Medio, Matemáticas e Linguas. A Globalización vai a ser o núcleo principal do noso proxecto. Os centros de interese traballados serán pretos e motivadores para o alumnado, facilitando a percepción do entorno dunha maneira máis global.
domingo, 30 de novembro de 2014
9ª SESIÓN
Etiquetas:
sesións
Ubicación:
Puebla del Caramiñal, La Coruña, España
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario