Unidade 3. A SAÚDE Sesión 8.
|
Obxectivos.
Repasar conceptos como anterior, posterior, maior,
menor, igual, par, impar, etc.
Traballar a composición e descomposición de números.
Formar palabras de dúas o máis sílabas.
Materiais.
Tarxetas numeradas, tarxetas con sílabas, música,
conos, pelotas, ximnasio,...
|
PARTE
INICIAL.
PILLA
DE NÚMEROS.
Coa canción dos números bailamos polo ximnasio. Esta
canción canta os números ata o 100. Os alumnos terán un número determinado e
bailarán ao ritmo da música. Cando a música se pare o último número nomeado
pillará ao resto (este número pode ser un compañeiro ou dous: 30 + 2 = 32) .
Se nos pillan sentarémonos no chan ao indio.
Cando empece de novo a música, todos nos poñeremos a
bailar de novo, esteamos pillados ou non.
CROCODILO
DORMILÓN.
Cada un leva un número. Dous compañeiros (centenas) fan
de crocodilos durmiñóns (tombados no chan), o resto rodeámolos formando unha
roda. Cantámoslles a seguinte canción: "Buenos días, buenos días,
cocodrilo dormilón. Ya despierta! Ya despierta! No te hagas el remolón. No
nos coges, no nos pillas porque eres un tardón. Corre, corre! Mira, mira! Ya despierta
el dormilón!”
Cando remata a canción, os crocodilos levántanse e pillan
soamente dous (unha decena e unha unidade). Miramos que número formaron e
intentamos descompoñelo. Podemos traballar par, impar, anterior,
posterior..., pero de forma oral.
Na seguinte volta temos tres crocodilos e ao final da
canción conseguiremos tres números. E así sucesivamente.
|
PARTE
PRINCIPAL.
ATOPAR
PALABRAS.
1ª PROBA: Cono na cabeza coma se fose un sombreiro realizar un
percorrido, coller unha tarxeta e volver facendo o mesmo exercicio.
Despois da proba miramos que sílaba temos e intentamos
xuntarnos a outro compañeiro para formar unha palabra bisílaba.
ENSALADA
DE LETRAS.
Con todas as sílabas da actividade anterior
intentaremos construír palabras novas aínda que teñan un maior ou menor
número de sílabas. Que encontramos?
|
VOLTA Á
CALMA.
Falamos da sesión.
|
OBSERVACIÓNS.
|
O proxecto de "Movémonos globalizando" está orientado ao traballo da adquisición das Competencias Básicas e das seguintes áreas: Educación Física, Coñecemento do Medio, Matemáticas e Linguas. A Globalización vai a ser o núcleo principal do noso proxecto. Os centros de interese traballados serán pretos e motivadores para o alumnado, facilitando a percepción do entorno dunha maneira máis global.
domingo, 23 de novembro de 2014
8ª SESIÓN.
Etiquetas:
sesións
Ubicación:
Puebla del Caramiñal, La Coruña, España
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario