Unidade
3. A
SAÚDE Sesión 7.
|
Obxectivos.
Traballar a temática do Magosto, esta semana celebramos
o magosto.
Buscar novos números do 200-999 e conceptos como
anterior, posterior, maior, menor, igual, par, impar, suma, etc.
Materiais.
Castiñeiro de cartón, monstros traga castañas, cubeletes para encestar castañas, castañas, rotuladores e lousa branca,
bancos suecos, música, ximnasio...
|
PARTE
INICIAL.
A ROUBAR CASTAÑAS.
No fondo do ximnasio temos un castiñeiro que ten moitas
castañas tiradas polo chan. Os nenos intentarán recollelas dunha en unha,
pero o amo ou amos do castiñeiro non llo permitirán.
O camiño da escola ao castaño estará ocupado por algúns
madeiros (bancos suecos).
Se son atrapados polos donos do castaño deberán
devolver a castaña (se teñen algunha) e subir a un madeiro. Os compañeiros
poderán salvar aos pillados, terán que ir aos madeiros darlles a man e volver
á casa collidos da man.
Non podemos facer as dúas cousas á vez nunha acción, ou
salvamos un compañeiro ou roubamos a castaña.
Mentres salvamos un compañeiro, o dono pódenos pillar.
|
PARTE
PRINCIPAL.
LANZAMENTO DE CASTAÑAS.
Formaremos dous equipos. Teremos dúas estacións de
lanzamento. Nunha delas estarán os pozos de castañas e na outra os monstros
das castañas. As dúas estacións terán tres zonas de lanzamento que
representarán ás centenas, decenas e unidades.
Cada alumno terá unha castaña e decidirá probar sorte
nas centenas, decenas ou unidades.
Despois do lanzamento comprobaremos cantas castañas
temos en cada posición e que número formamos.
Cada grupo escribirá o seu número (2C-3D-7U =237) nunha
lousa branca e a partir de aí traballaremos maior, menor, igual, anterior,
posterior, par, impar, facer sumas, etc.
Podemos repetir os lanzamentos tantas veces como
vexamos.
|
VOLTA Á
CALMA.
TRES CASTAÑAS POLO CHAN.
Os alumnos forman unha roda sentados no chan .Un
compañeiro queda fóra da roda cunha castaña. Mentres cantamos un fragmento da
canción de Susa Herrera "Tres
castañas polo chan", o compañeiro intentará pousar a castaña detrás
dun compañeiro da roda. Ao rematar a canción o compañeiro sentado intentará
atrapar ao outro antes de que se sente no seu lugar, pero primeiro deberá dar
unha ou dúas voltas arredor da roda.
Repetiremos o xogo varias veces.
DENTRO DA CASTAÑA.
Cantar todos xuntos
"Dentro da castaña" de Juan J. Varela Álvarez.
|
OBSERVACIÓNS.
|
O proxecto de "Movémonos globalizando" está orientado ao traballo da adquisición das Competencias Básicas e das seguintes áreas: Educación Física, Coñecemento do Medio, Matemáticas e Linguas. A Globalización vai a ser o núcleo principal do noso proxecto. Os centros de interese traballados serán pretos e motivadores para o alumnado, facilitando a percepción do entorno dunha maneira máis global.
mércores, 12 de novembro de 2014
7ª SESIÓN
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario