mércores, 18 de marzo de 2015

19ª SESIÓN. A MULTIPLICACIÓN.



Unidade 10.       A MULTIPLICACIÓN   Sesión 19.
Obxectivos.
Situar a posición do Sol, a Lúa e a Terra cando sucede unha eclipse.
Traballar de forma manipulativa o significado da multiplicación.
Materiais.
Aros, tapóns de auga, vasos de iogur, tarxetas...
PARTE INICIAL.
A CARREIRA DO SOL. ECLIPSE.
Denominamos eclipse de Sol ao fenómeno polo cal a luz do Sol é total ou parcialmente ocultada ao interpoñerse un astro entre o Sol e o observador. Nas eclipses de Sol vistas dende a Terra, o astro que oculta o Sol é a Lúa.

Neste xogo de pilla, a Terra ten que pillar ao Sol que podemos ser calquera de nós e o Sol escapa. Cando o que pilla persegue un compañeiro non pode deixar de perseguir o compañeiro ata que o pille ou ata que outro compañeiro (neste caso facendo o papel da lúa) se cruce entre o perseguidor e o perseguido (Terra/Sol).
Se a lúa se cruza, convértese no novo Sol e o que panda (Terra) deberá intentar pillalo. E así sucesivamente.
ECLIPSE:
Un neno/a é a TERRA, e encárgase de perseguir ó resto que son o SOL. Para evitar ser tocado, cada SOL pode berrar “ECLIPSE!!!” transformándose en LÚA e permanecendo estática (“ahora xa non me ves, teño a lúa diante”).
O obxectivo da TERRA é facer que todos os SOLES se convirtan en LÚAS.
·         No caso de que a TERRA logre pillar un SOL, intercambian as súas funcións.
·         Unha LÚA pode volver a moverse despois de berrar ECLIPSE. Para iso, un SOL debe realizar un xiro completo arredor dela (é a maneira de “salvarse”, imitando a órbita dun satélite ou planeta).

PARTE PRINCIPAL.
PROBAS:
1ª PROBA: Realizar unha serie de actividades ordenadas nun circuíto (pasar ritmicamente sobre unha fileira de aros, traballar equilibrio sobre uns bancos suecos). Ao final do circuíto encontrarán unha serie de tarxetas que deberán recoller dun nun.
Exemplo de tarxetas (3 + 3 + 3 +3)
2ª PROBA: Deberán representar as tarxetas utilizando tapóns de auga e vasos de iogur. Os vasos de iogur representarán o número de sumandos e os tapóns a cifra que se repite e que deberán meter en cada vaso de iogur. Tentaremos achegar a eles á expresión da multiplicación (o número 3/tapóns de auga X 4 veces /vasos de iogur) Cando nos dean a resposta axeitada regalámoslles a tarxeta correspondente. (3 X 4)
3ª PROBA: Unha vez representadas as tarxetas, deberán calcular o resultado da suma e, por suposto, da multiplicación. Anotarán os resultados nunha folla.
EN BUSCA DO RESULTADO.
Os alumnos unha vez que coñecen os resultados das tarxetas deberán buscalos por unha zona determinada (parque infantil), xa que estarán escondidos.
VOLTA Á CALMA.
Bailar todos xuntos "As táboas de multiplicar"
OBSERVACIÓNS




























Ningún comentario:

Publicar un comentario