xoves, 5 de marzo de 2015

18ª SESIÓN. AS PLANTAS.



Unidade 8.            AS PLANTAS      Sesión 18.
Obxectivos.
Recordar os contidos traballados este trimestre sobre as plantas e as súas características. Que aprendemos?
Materiais.
Crebacabezas, pelota, gomas elásticas, picas, ladrillos,...
PARTE INICIAL.
"OS REMANGADOS".
Xógase mellor nun campo delimitado e con paredes.
Dous alumnos quedan. Para diferenciarse dos demais, remánganse, as mangas do xersei e as perneiras do pantalón.
O obxectivo é dar coa pelota aos demais, que fuxirán correndo polo campo.
Dos que quedan, quen teña o balón non pode camiñar. Polo tanto, só pode desprazarse o que non teña a pelota.
Conforme se vaian tocando coa pelota aos xogadores, estes convértense en remangados (deben remangarse), e poden participar no xogo pasándose o balón ou lanzándollelo aos que escapan.
A partida finaliza cando se toca coa pelota o último alumno dos non remangados.
Debe utilizarse unha pelota branda.
Os dous que comezan como remangados teñen "vida".
PARTE PRINCIPAL.
O CREBACABEZAS.
Realizaremos un crebacabezas con distintas informacións das plantas. Para poder conseguir todas as pezas do crebacabezas os alumnos deberán realizar distintas probas.
1ª PROBA: Pasar pola arañeira. Cada grupo deberá pasar por unha arañeira (elaborada cunha armazón de gomas) para chegar ao lugar onde se encontran as pezas necesarias (póla, talo, raíz, folla perenne ou caduca). Grupos de catro, se nalgún grupo somos máis os últimos deberán pasar por parellas.
2ª PROBA: Desprazarémonos en pelota canguro para poder recoller as pezas que necesitamos para o crebacabezas. A pelota canguro será o relevo que nos permitirá traballar por quendas. As pezas forman un debuxo dunha árbore determinada. Cada grupo deberá coller as pezas que teñan unha determinada figura xeométrica no seu reverso (triángulo, rectángulo, pentágono e hexágono)
3ª PROBA: Deixámoslles un tempo determinado para intentar completar o crebacabezas. Despois deberán colocar as palabras da primeira proba de forma correcta.
Ao final necesitarán recoller unhas fotografías que nos dan información da folla, flor e froito de cada árbore.
Para iso deberán desprazarse dun nun (en forma de relevo) de formas diferentes de desprazamentos ( non se poden repetir).
As fotos terán por detrás o nome da árbore á que pertencen, se se equivocan de foto deben deixala no seu sitio e volver ao equipo coas mans baleiras.
VOLTA Á CALMA.
Asemblea sobre a sesión.
OBSERVACIÓNS.




Ningún comentario:

Publicar un comentario