Recursos educativos para coñecer as táboas de multiplicar.
RECURSO DA WEB "EL TANQUE MATEMÁTICO" |
Este xogo está formado por diferentes pantallas que conteñen pelotas con números que botan. Os alumnos deberán facer click na pelota coa resposta correcta. As primeiras pantallas conteñen poucas bólas, pero a medida que se avanza o número de bólas irá aumentando así como a dificultade da operación matemática.
O protagonista desta proposta é o señor PI, un heroe que debe rescatar o seu amigo Bombi, que foi secuestrado por Malasombra. Para axudar ao seños PI, os estudantes deberán impulsar a nave na que voa. E como o fan? Respondendo a diferentes preguntas da táboa de multiplicar. Se acertan, a nave aumentará a súa velocidade; en caso de fallar, quen gañará en velocidade é Malasombra. Incluíronse tres niveis de dificultade.
A mecánica deste xogo é moi sinxela e divertida. Cada unha das pantallas formula unha operación matemática (por exemplo, 7 x 4, 1 x 5, 7 x 9, 4 x 3...) e os alumnos teñen que facer clic no animal que leva a resposta correcta. Deberán ser rápidos porque son moi rápidos nos seus movementos.
Este xogo desenvólvese no mundo do circo e o interesante é que, a través dos retos formulados, o alumnado comprenderá dunha forma amena o proceso das operacións de multiplicar, con explicacións didácticas e actividades que recrean divertidas situacións. A continuación, poñerán a proba os seus coñecementos. De especial utilidade para os estudantes de 2º e 3º de Primaria que descubrirán estratexias de cálculo, conceptos de comprensión e representación...
Ningún comentario:
Publicar un comentario