Unidade 13. TRABALLO
POR ESTACIÓNS Sesión 23.
|
Obxectivos.
Traballar en equipo de forma autónoma
e coordinada.
Mellorar o traballo de coordinación visomotora, concentración, habilidade e precisión manual.
Materiais.
Chapas, vasos de iogur, aros, tarxetas con
figuras de tangram, xogos de tangram, pelotas de tenis, picas...
|
PARTE INICIAL.
Recordamos a dinámica da clase
(traballo por estacións). Pedímoslles que traballen en equipo e que se organicen
de forma autónoma.
Nos cambios de estación deben deixar as estacións recollidas para o seguinte equipo. |
PARTE PRINCIPAL.
1ª ESTACIÓN.
Realizaremos unha carreira de chapas nun
labirinto. Teremos unha entrada e unha saída. Os xogadores establecerán unha
quenda de lanzamento. Debemos facer todo o percorrido sen tocar as liñas do
labirinto, se tocamos as liñas volveremos ao lugar do último lanzamento.
2ª ESTACIÓN.
Realizaremos unha torre de
iogures tendo como base un aro grande. Empezaremos completando o primeiro
piso, logo o segundo, terceiro..., ata chegar ao cume.
Nesta estación non desfaremos a
torre construída, senón que a deixaremos para que continúe o seguinte equipo.
3ª ESTACIÓN.
Realizaremos distintas figuras
do tangram, para iso contaremos con xogos de tangram e tarxetas con
diferentes siluetas (gato, parrulo, ganso...).
4ª ESTACIÓN.
Xogaremos ao billar. No ximnasio
temos dous campos de billar. Xógase 1 X 1. Cada campo de billar ten dous
campos rectangulares. O obxectivo é conseguir deixar o maior número de
pelotas de tenis no campo do contrario. Cada xogador lanzará alternativamente
6 pelotas de tenis axudándose cunha pica coma se fose o pau de billar.
|
VOLTA Á CALMA.
Recollemos o material utilizado na sesión.
|
OBSERVACIÓNS.
|
O proxecto de "Movémonos globalizando" está orientado ao traballo da adquisición das Competencias Básicas e das seguintes áreas: Educación Física, Coñecemento do Medio, Matemáticas e Linguas. A Globalización vai a ser o núcleo principal do noso proxecto. Os centros de interese traballados serán pretos e motivadores para o alumnado, facilitando a percepción do entorno dunha maneira máis global.
domingo, 10 de maio de 2015
23ª SESIÓN. TRABALLAMOS POR ESTACIÓNS.
Etiquetas:
sesións
Ubicación:
Puebla del Caramiñal, La Coruña, España
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario