Unidade 6. AS
PLANTAS Sesión
13.
|
Obxectivos.
Traballar
a lectura comprensiva, a secuenciación e orde dunha historia.
Fomentar o traballo en equipo, escoitar aos demais e tomar decisións entre todos. Traballar o cálculo mental.
Materiais.
Tarxetas
con números, tarxetas con fragmentos dunha historia, rotuladores de lousa,
lousa branca, bancos suecos, aros, pelotas, música, ximnasio,...
|
PARTE INICIAL.
O XOGO DA CADEA DE NÚMEROS.
Cada xogador terá unha tarxeta
cun número (unidades), estes números irán acompañados polos signos máis (+)
ou menos (-) Un compañeiro o dous pillan e o resto escapa.
Os pillados daranlle a man ao
compañeiro que pilla, formando unha cadea. O cazador sempre terá unha man
libre e os demais incorporaranse no outro extremo da cadea.
Se a cadea se rompe, non poderán
pillar ata que a cadea este formada de novo.
Unha vez que rematamos faremos
un traballo de calculo mental. Ao primeiro dirémoslle que diga unha cantidade
numérica traballada na aula (ex.: 504), ao segundo da cadea mandarémoslle ler
a súa tarxeta (ex.: + 4) e realizar o cálculo para saber que número
representa. Seguiremos así con todos os compoñentes da cadea.
Se hai dúas cadeas comezarán a
serie co mesmo número e podemos pedirlles que nos dean o resultado desta.
Despois comprobaremos se é correcto realizando as operacións todos xuntos de
forma grupal.
|
PARTE PRINCIPAL.
HABÍA
UNHA VEZ UN CONTO DESORDENADO.....
Os alumnos , organizados por
grupos, deberán realizar unha serie de probas físicas para conseguir un
determinado número de tarxetas.
Cada proba conseguida premiarase
cunha tarxeta onde aparece un pequeno fragmento dunha historia que os alumnos
deberán ordenar.
Traballaremos dun nun dando o
relevo.
PROBAS:
1ª PROBA: Todos debedes conseguir botar a pelota 10 veces
seguidas.
2ª PROBA. Todos teredes que completar un circuíto de bancos
determinado.
3ª PROBA. Todos teredes que pasar a pelota sen que caia ao chan.
Un fará de capitán e os demais formarán unha fila.
4ª PROBA. Todos trasladamos un cono invertido sobre unha pa de
madeira durante un percorrido determinado.
|
VOLTA Á CALMA.
ORDENAR A HISTORIA.
|
OBSERVACIÓNS.
|
Había unha vez un conto
desordenado.....
|
Os
parágrafos deste conto están desordenados. Sodes capaces de poñelos en orde?
|
Había
unha vez, dous agricultores que vivían moi preto un do outro. Miguel era moi
rico e bastante egoísta. En cambio, Enrique era moi pobre pero moi xeneroso.
Miguel
era dono de numerosas terras das que non se ocupaba.
Enrique
traballaba moito na súa horta. Sementara sementes de cabaza. A diario,
coidábaas quitando as malas herbas, aireando a terra, regándoas,...Y, en resposta
a tanto mimo, as sementes xerminaron con forza.
Unha delas empezou a
crecer e crecer, facéndose cada día máis grande. Non paraba de aumentar de
tamaño. Enrique nunca vira nada semellante. finalmente, a cabaza creceu tanto
que, para transportala, o agricultor tivo que pedir prestada aos seus veciños
unha carreta de bois.
- Que farei con esta
cabaza? Ninguén quererá comprala, e para comer, teño as máis pequenas.¡Ah, xa
sei o que farei! Regalareilla ao rei para que a reparta entre a xente máis
pobre ca min.
E, dito e feito, Enrique
cargou a cabaza na carreta e levouna ao pazo.
Cando o rei viu a cabaza
xigante., exclamou:
- Que froito é ese? Vin
moitas cabazas, pero ningunha así. Nin sequera a de Cincenta era tan grande.
- Por iso, señor,
tróuxenvola. Para que a repartades entre os pobres - contestou Enrique,
amablemente.
O rei, admirado pola
xenerosidade do campesiño, recompensouno con campos, terras e moito gando.
Cando o seu veciño Miguel
se decatou, se encheu de envexa, e pasaba os días imaxinando que podería
regalarlle ao rei para conseguir maior recompensa.
Xuntou todo o seu diñeiro
e os seus cabalos e levounos ao pazo.
- Moitas grazas polo teu
regalo - dixo o rei -. Como recompensa, dareiche o mellor e máis raro que
teño: unha cabaza xigante.
E así Miguel, que tanto
se burlaba do esforzo de Enrique, o único que conseguiu foi unha simple
cabaza.
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario