martes, 28 de abril de 2015

luns, 27 de abril de 2015

22ª SESIÓN. ESTAMOS COMPOÑENDO




Unidade 12.    ESTAMOS COMPOÑENDO       Sesión 22 .
Obxectivos.
Traballar as palabras compostas.
Repasar as táboas de multiplicar do 2 ao 5.
Coñecer o tangram e o seu funcionamento.
Materiais.
Tarxetas con palabras compostas, lousa, rotuladores, aros, bancos, cordas, figuras tangram, siluetas tangram, música...
PARTE INICIAL.

PALABRAS COMPOSTAS.
Realizaremos dúas partidas neste xogo de pilla. A metade da clase levará o final da palabra colgada do pescozo (bosques) e a outra metade esconderá o principio da palabra (garda).
Os que teñen o principio da palabra deberán atrapar a súa parella para formar a palabra composta, pero os que teñen o final da palabra non coñecen a persoa que os vai perseguir, así que deberán escapar de todos.
Como realizaremos o xogo dúas veces (galego e castelán) cambiarán de papeis e nunha partida escaparán e noutra pillarán.
Cando temos formadas as parellas escribiremos as palabras compostas nunha lousa. Os compañeiros intentarán adiviñar a palabra antes de que rematemos de escribilas.
PARTE PRINCIPAL.

TANGRAM DA MULTIPLICACIÓN.
Faremos catro grupos. Os alumnos deberán realizar un circuíto (exercicio de aros saltando á pata coxa e a pés xuntos; pasar por enriba dunha corda sen perder o equilibrio; cruzar por debaixo dun banco sueco) para poder recoller as pezas do tangram necesarias para completar a súa figura.
Cada equipo ten unha figura que corresponde a unha táboa diferente (2 X..., 3 X..., 4 X..., 5 X...) deberán coller a pezas do tangram relacionadas coa súa táboa.
No fondo das figuras aparece o resultado das distintas multiplicacións para axudar aos alumnos a buscar a colocación correcta das pezas.

VOLTA Á CALMA.
Repasar as cancións da multiplicación bailando todos xuntos.

OBSERVACIÓNS.






















TANGRAMS INTERACTIVOS.













xoves, 23 de abril de 2015

VÍDEOS PARA TRABALLAR O DÍA DO LIBRO


Estes vídeos cóntannos diferentes historias relacionadas cos libros. Esperamos que vos gusten.


**** Vídeos descargados da páxina de youtube. Non poñemos un enlace directo para que non teñan que navegar fóra do blog.
















martes, 21 de abril de 2015

PIKIPALABRA. XOGO INSPIRADO NO PASAPALABRA.


Aquí tedes un xogo para que vos vaiades adestrando para o noso pasapalabras.


23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO.


Aquí deixámosvos algúns recursos para celebrar o día de libro contando e inventando historias.




CREA TU PERSONAJE Y DESCRÍBELO.





CREA A TÚA TIRA CÓMICA.



"EL CABALLERO DON QUIJOTE".



LUNS 20 DE ABRIL, APADRIÑAMENTO LECTOR.



Onte os alumnos do colexio tiveron a sorte de disfrutar da actividade do Apadriñamento Lector.

Os nenos de cuarto, quinto e sexto apadriñaron aos nenos de primeiro, segundo e terceiro. 
Os nenos de 4º  levaron un libro para ler aos seus apadriñados. E os nenos de 2º tamén levaron un libro para lerlles aos seus padriños.

Os nenos escolleron o libro que ían ler. Podía ser de  calquera tema e xénero (conto, poesía, teatro, cómic, libros de animais, de curiosidades, de chistes, etc.) 

Pasaron unha tarde moi interesante!