Unidade 12. ESTAMOS
COMPOÑENDO Sesión 22 .
|
Obxectivos.
Traballar as palabras compostas.
Repasar as táboas de multiplicar do 2 ao 5.
Coñecer o tangram e o seu funcionamento.
Materiais.
Tarxetas con palabras compostas, lousa,
rotuladores, aros, bancos, cordas, figuras tangram, siluetas tangram,
música...
|
PARTE INICIAL.
PALABRAS COMPOSTAS.
Realizaremos dúas partidas neste xogo de
pilla. A metade da clase levará o final da palabra colgada do pescozo
(bosques) e a outra metade esconderá o principio da palabra (garda).
Os que teñen o principio da palabra deberán
atrapar a súa parella para formar a palabra composta, pero os que teñen o
final da palabra non coñecen a persoa que os vai perseguir, así que deberán
escapar de todos.
Como realizaremos o xogo dúas veces (galego
e castelán) cambiarán de papeis e nunha partida escaparán e noutra pillarán.
Cando temos formadas as parellas escribiremos
as palabras compostas nunha lousa. Os compañeiros intentarán adiviñar a
palabra antes de que rematemos de escribilas.
|
PARTE PRINCIPAL.
TANGRAM DA MULTIPLICACIÓN.
Faremos catro grupos. Os alumnos deberán
realizar un circuíto (exercicio de aros saltando á pata coxa e a pés xuntos;
pasar por enriba dunha corda sen perder o equilibrio; cruzar por debaixo dun
banco sueco) para poder recoller as pezas do tangram necesarias para
completar a súa figura.
Cada equipo ten unha figura que corresponde
a unha táboa diferente (2 X..., 3 X..., 4 X..., 5 X...) deberán coller a
pezas do tangram relacionadas coa súa táboa.
No fondo das figuras aparece o resultado
das distintas multiplicacións para axudar aos alumnos a buscar a colocación
correcta das pezas.
|
VOLTA Á CALMA.
Repasar as cancións da multiplicación bailando todos xuntos.
|
OBSERVACIÓNS.
|
O proxecto de "Movémonos globalizando" está orientado ao traballo da adquisición das Competencias Básicas e das seguintes áreas: Educación Física, Coñecemento do Medio, Matemáticas e Linguas. A Globalización vai a ser o núcleo principal do noso proxecto. Os centros de interese traballados serán pretos e motivadores para o alumnado, facilitando a percepción do entorno dunha maneira máis global.
luns, 27 de abril de 2015
22ª SESIÓN. ESTAMOS COMPOÑENDO
Etiquetas:
sesións
Ubicación:
Puebla del Caramiñal, La Coruña, España
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario