Unidade 11. XA ESTAMOS DE VOLTA Sesión 20.
|
Obxectivos.
Xogar todos xuntos.
Colaborar e participar nos xogos
activamente.
Materiais.
Aros, música, tapóns de auga,
vasos de iogur, conos, tarxetas, papel e lapis,...
|
PARTE INICIAL.
ESQUIVAMOS METEORITOS.
Eliximos un xogador que fai de
meteorito.
O resto de xogadores forman
equipos de 4 ou 5. Cada equipo forma unha fila e cóllense pola cintura
formando unha galaxia.
O meteorito intenta tocar ao
último da fila e a galaxia (o equipo)
intenta evitalo.
Se o meteorito pilla a unha
galaxia, o pillado (último da fila) convértese en meteorito e o meteorito
colócase ao principio da fila da galaxia atrapada.
|
PARTE PRINCIPAL.
CONSTRUÍR A MONTAÑA.
Marcamos unha liña de saída e
unha liña de chegada a poucos metros de distancia. Formamos catro equipos,
que se situarán en fila detrás da liña de saída, cada un cun vaso de iogur
nas mans.
Ao sinal de inicio, o primeiro
xogador de cada equipo colle un vaso de iogur e lévao correndo ata cruzar a
liña de chegada. Pousará o vaso dentro dun aro
para darlle a base da montaña forma circular. E regresa a darlle o relevo ao
seguinte compañeiro que realizará a mesma acción con outro vaso de iogur.
O obxectivo é formar unha
montaña cos vasos. Pero a construción rematará cando esta se destrúa por
algún motivo (colocación errónea dun vaso, tirar sen querer os vasos da
montaña...)
Comprobaremos que equipo
consegue facer a montaña co maior número de vasos.
SEGUIMOS MULTIPLICANDO.
Nesta actividade os alumnos
aproveitarán as estratexias de días anteriores para chegar á solución do
problema formulado. Traballarán cos grupos da actividade anterior.
Darémoslles unha tarxeta a cada
un onde aparecerá unha operación de multiplicar.
Pedirémoslles que todos xuntos,
en equipo, resolvan todas as multiplicacións que posúen. Identificándoas con
outras tarxetas onde aparecerán os resultados destas e a multiplicación
expresada en suma.
|
VOLTA Á CALMA.
Asemblea onde comentaremos as
dificultades encontradas durante o desenvolvemento da sesión.
|
OBSERVACIÓNS.
|
O proxecto de "Movémonos globalizando" está orientado ao traballo da adquisición das Competencias Básicas e das seguintes áreas: Educación Física, Coñecemento do Medio, Matemáticas e Linguas. A Globalización vai a ser o núcleo principal do noso proxecto. Os centros de interese traballados serán pretos e motivadores para o alumnado, facilitando a percepción do entorno dunha maneira máis global.
mércores, 15 de abril de 2015
20ª SESIÓN. XA ESTAMOS DE VOLTA.
Etiquetas:
sesións
Ubicación:
Puebla del Caramiñal, La Coruña, España
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario