martes, 2 de decembro de 2014

10ª SESIÓN


Unidade 4.       OS ANIMAIS      Sesión 10.
Obxectivos.
Aplicar os coñecementos de medida e peso a situacións reais e próximas.
Elaborar táboas de datos.
Traballar en equipo.
Materiais.
Báscula, medidor, tragapeixes, peixes elaborados con pelotas de pimpón, crebacabezas, estrícula, globos recheos, táboas, música, ximnasio...
PARTE INICIAL.
Explicamos aos alumnos a estrutura da sesión.
Pesaranse e mediranse en grupos. Teremos distintas estacións polas que irán rotando os diferentes equipos.
PARTE PRINCIPAL.
1ª ESTACIÓN.
Peso e medida. Os alumnos por grupos pesaranse e mediranse anotando os resultados nunha táboa que se entregará a cada equipo.
2ª ESTACIÓN.
TRAGAPEIXES. Os alumnos terán un polbo, un cangrexo e un peixe globo. Deberán darlles de comer (lanzando peixes pequenos) a unha distancia determinada (dous metros) que deberán medir. Unha vez que rematen toda a comida, deberán mirar cal foi o máis comellón.
3ª ESTACIÓN.
CREBACABEZAS. Deberán completar dous crebacabezas do corpo humano. Temos un rapaz e unha rapaza. Poderán completar os dous crebacabezas. Este traballo será cooperativo: intentaremos completalos entre todos os equipos que vaian pasando por esa estación.
4ª ESTACIÓN.
ESTRICULA/DIANA. Utilizaremos unha estrícula con puntuacións do 1 ao 10. Os alumnos deberán realizar lanzamentos dende unha distancia de 1 metro (deberán medir). En cada lanzamento deben intentar caer nunha das cuadrículas para conseguir unha puntuación determinada, cada vez que lancen deberán de sumar os puntos obtidos. Cantos puntos conseguimos?
VOLTA Á CALMA.
JUEGO DE MIMICA E PICTOGRAMAS.
Temos unhas tarxetas cos debuxos de diferentes animais (mamíferos, aves, peixes, anfibios,réptiles...). Escolleremos un alumno ao azar. Este escollerá unha tarxeta e a través da mímica deberá intentar dicirlles os seus compañeiros que animal encontrou na súa tarxeta.
Se despois dun tempo non conseguen adiviñalo, deixaremos que o compañeiro se comunique a través do debuxo.

OBSERVACIÓNS.





Ningún comentario:

Publicar un comentario