sábado, 27 de decembro de 2014

12ª SESIÓN. UN AGASALLO EN NADAL



UN AGASALLO EN NADAL.

Presentación/Conto.

PAPA NOEL terminou de abotoarse a súa chaqueta máis grosa, púxose o seu xersei de punto, enfundou o seu groso chaquetón vermello e enrolouse a bufanda.

“¡Que noite para saír!, pensou, mentres a sarabia golpeaba as xanelas e os copos de neve se escorrían por baixo da porta. “É unha noite para sentar xunto ao lume e comer torradas quentes con manteiga”.

Púxose os seus calcetíns de lá máis grosos, sacudiu a lama das súas botas e axustouse as luvas.

Unha vez vestido, mirouse ao espello e exclamou:
-         Non é raro que todos crean que son gordo, ¡con toda a roupa que levo encima!.

Na neve, Rodolfo, o reno, esperaba impaciente a orde de pórse en camiño. Facía tanto frío, que os patíns do trineo estaban a empezar a conxelarse.

PAPA NOEL comprobou que levaba todos os seus agasallos e arrincou a galope polo aire a través dunha cortina de neve.
-         ¡Ho, ho, ho,...!

Na metade da viaxe, detivéronse sobre un tellado esvaradío polo xeo. Rodolfo e os renos empezaron a escorregar e o trineo empezou a moverse bruscamente. PAPA NOEL tomou a decisión de descansar noutro lado menos perigoso, así que remontaron o voo de novo. Nese momento un agasallo caeu do trineo e desapareceu entre as árbores do lugar.

Desde aquela noite nunca máis volveron descansar nese lugar por medo a perder máis agasallos. E…
…  PAPA NOEL e os seus renos nunca puideron recuperalo.

Pero…
... PAPA NOEL decidiu avisar ás persoas daquel lugar para que atopasen o seu agasallo. Coa condición de que si alguén o atopaba debería compartilo cos demais.

Agora despois de moito tempo chegaron a nós varias pistas que conducen a ese agasallo e vós seredes os encargados de axudarnos a atopar ese tesouro antes de Nadal.





Organización.
Fanse seis grupos de oito ou nove nenos, nos grupos atoparemos  nenos de todas as clases (A, B e C).
Cada grupo seguirá un camiño distinto de pistas que conducirán ao agasallo de PAPA NOEL.

Para conseguilo, deberán descifrar as pistas e superar algunhas probas. Tamén deberán coller unha tarxeta que se atopa dentro dos sobres onde atoparán as pistas, xa que todas as tarxetas inclúen a mensaxe final que lles dirá a proba a realizar para conseguir o agasallo.

Os grupos dividiranse en: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º.

Cada grupo realizará  o seu propio percorrido:
Pista A→ Conto:“ Unha pista acharás no tellado no que escorregaron os renos, este tiña forma de pirámides ”
Mensaxe: Si o agasallo
Pista B→ “Si a seguinte pista queredes atopar, no ximnasio dos renos deberedes entrar”
M: queredes atopar,
Pista C → “En Nadal adoita haber un en moitas casas. Este ano, no noso cole, temos un ou dous de moitas cores”.
M: ao señor director
Pista D →  “Algúns nenos comen nese lugar grandes manxares que lles axudan a manterse fortes e sans”.
M: deberedes buscar
Pista E → “Teñen unha porta enorme por onde todos os días entran unha chea de nenos riseiros”.
M: e
Pista F →   “Teñen un lugar precioso cheo de libros, contos e historias marabillosas. Pero coidado nese lugar non se permite facer ningún ruído”.
M: unha panxoliña
Pista G →  “Unha ponte colgante podes atopar, unha escaleira, unha pendente e moitas cousas máis. Aos nenos encántalles xogar.”
 M: terédeslle
Pista H →   “Si o agasallo queredes atopar un axudante de PAPA NOEL o bigote débevos pintar”.
M: que cantar.

A partir destas pistas, cada grupo seguirá unha orde distinta que lles conducirán a un mesmo agasallo.

1º → ORDE DAS PISTAS: A-B-C-D-E-F-G-H
  2º → ORDE DAS PISTAS: B-C-D-E-F-G-H-A
  3º → ORDE DAS PISTAS: C-D-E-F-G-H-A-B
  4º → ORDE DAS PISTAS: D-E-F-G-H-A-B-C
  5º → ORDE DAS PISTAS: E-F-G-H-A-B-C-D
  6º → ORDE DAS PISTAS: F-G-H-A-B-C-D-E

Unha vez conseguidas todas as pistas e, por tanto, todos as tarxetas deberán formar a mensaxe oculta para poder atopar o agasallo: 
“Si o agasallo queredes atopar, ao señor director deberedes buscar e unha panxoliña terédeslle que cantar.”

Unha vez conseguida a proba, o “director” entregaralles o agasallo de Nadal, que como dicía o conto deberano compartir entre todos. ¿Que conterá a caixa de Nadal? ¡¡¡SORPRESA!!!  ¡Unhas piruletas de chocolate con motivos do Nadal!

¡¡¡BO NADAL A TODOS!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario