mércores, 10 de decembro de 2014

11ª SESIÓN



Unidade 5.                OS ANIMAIS        Sesión 11.
Obxectivos.
Traballar as palabras individuais e as palabras colectivas.
Desprazamento: reptación.
Xogar cos números ordinais.
Materiais.
Tarxetas de números ordinais, de palabras individuais e colectivas, conos, petos…
PARTE INICIAL.
ASALTO AO CASTELO.
Temos tres gardiáns da torre do castelo. Na torre teremos tarxetas con palabras colectivas. O resto dos compañeiros terán unha zona segura onde non poderán ser pillados. O seu obxectivo será recoller as tarxetas sen ser pillados.
Se nos pillan deberemos quedar no cárcere ata que un compañeiro nos salve. A forma de salvar será que un compañeiro libre colla a un compañeiro pillado da man e xuntos váianse para a casa (zona segura).
O xogo remata cando recollemos todas as tarxetas.
CADA OVELLA COA SÚA PARELLA.
Os alumnos xa teñen todas as palabras colectivas e o profesor daralles as palabras individuais para que eles as relacionen.
PARTE PRINCIPAL.
FORMAMOS EQUIPOS REPTANDO.
Formamos dúas filas. Deberán trasladarse reptando ata un aro onde deberán coller unha tarxeta ao azar. Despois volverán por fóra camiñando para deixar que os seus compañeiros traballen.
Unha vez que todos temos tarxeta animámolos a formar equipos (non parellas) en función das pistas que conteñen as tarxetas: cores (amarelo e azul) e números ordinais.
CARREIRA REPTANDO.
Unha vez formados os grupos realizaremos unha carreira. Todos se colocarán en fila seguindo a orde dos números ordinais.
Abriremos as pernas e a carreira será a seguinte: o último de fila pasará reptando por debaixo das pernas ata colocarse de primeiros. Irán facendo o percorrido dun nun, ata que todos quedemos na posición inicial.

VOLTA Á CALMA.
PELOTA CAPITÁ.
Colocados en fila. Descolocamos a orde dos compañeiros de forma que os números ordinais estean colocados aleatoriamente. O primeiro de cada fila deberá pasarlle a pelota aos compañeiros que están en fila e estes lla devolverán e sentaranse no chan deixándolle o paso libre ao seguinte compañeiro.
Antes de lanzar a pelota o capitán deberá chamar o compañeiro polo seu número ordinal.
Intentaremos que pasen todos polo posto do capitán.
OBSERVACIÓNS.



Ningún comentario:

Publicar un comentario