Seguimos xogando á pilla, repasando as táboas e realizando novas figuras do tangram.
Create a digital slideshow |
O proxecto de "Movémonos globalizando" está orientado ao traballo da adquisición das Competencias Básicas e das seguintes áreas: Educación Física, Coñecemento do Medio, Matemáticas e Linguas. A Globalización vai a ser o núcleo principal do noso proxecto. Os centros de interese traballados serán pretos e motivadores para o alumnado, facilitando a percepción do entorno dunha maneira máis global.
Create a digital slideshow |
Unidade 12. ESTAMOS
COMPOÑENDO Sesión 22 .
|
Obxectivos.
Traballar as palabras compostas.
Repasar as táboas de multiplicar do 2 ao 5.
Coñecer o tangram e o seu funcionamento.
Materiais.
Tarxetas con palabras compostas, lousa,
rotuladores, aros, bancos, cordas, figuras tangram, siluetas tangram,
música...
|
PARTE INICIAL.
PALABRAS COMPOSTAS.
Realizaremos dúas partidas neste xogo de
pilla. A metade da clase levará o final da palabra colgada do pescozo
(bosques) e a outra metade esconderá o principio da palabra (garda).
Os que teñen o principio da palabra deberán
atrapar a súa parella para formar a palabra composta, pero os que teñen o
final da palabra non coñecen a persoa que os vai perseguir, así que deberán
escapar de todos.
Como realizaremos o xogo dúas veces (galego
e castelán) cambiarán de papeis e nunha partida escaparán e noutra pillarán.
Cando temos formadas as parellas escribiremos
as palabras compostas nunha lousa. Os compañeiros intentarán adiviñar a
palabra antes de que rematemos de escribilas.
|
PARTE PRINCIPAL.
TANGRAM DA MULTIPLICACIÓN.
Faremos catro grupos. Os alumnos deberán
realizar un circuíto (exercicio de aros saltando á pata coxa e a pés xuntos;
pasar por enriba dunha corda sen perder o equilibrio; cruzar por debaixo dun
banco sueco) para poder recoller as pezas do tangram necesarias para
completar a súa figura.
Cada equipo ten unha figura que corresponde
a unha táboa diferente (2 X..., 3 X..., 4 X..., 5 X...) deberán coller a
pezas do tangram relacionadas coa súa táboa.
No fondo das figuras aparece o resultado
das distintas multiplicacións para axudar aos alumnos a buscar a colocación
correcta das pezas.
|
VOLTA Á CALMA.
Repasar as cancións da multiplicación bailando todos xuntos.
|
OBSERVACIÓNS.
|
Picture slideshow made with Smilebox |
Unidade 12. SEGUIMOS MULTIPLICANDO Sesión 21.
|
Obxectivos.
Reforzar o traballo do “ritmo” das clases de
educación física.
Reforzar e axudar a memorización das táboas
de multiplicación.
Relacionar conceptos e tomar decisións.
Materiais.
Tarxetas, lousa branca, rotuladores, aros,
música, cordas,...
|
PARTE INICIAL.
CALCULAMOS AO RITMO DA MÚSICA.
Bailaremos polo ximnasio ao ritmo da
música.
Mentres bailamos teremos na nosa man unha
tarxeta cunha multiplicación (táboas do 1 ao 5). Deberemos calcular
mentalmente o seu resultado.
Cando pare a música deberemos buscar o
resultado da nosa multiplicación dentro duns aros que están dispostos polo
ximnasio e meternos dentro do aro que ten o noso resultado.
Repetiremos esta acción varias veces.
Mentres bailamos e calculamos a nosa
multiplicación pode suceder que o director do xogo berre "CAMBIO",
entón deberemos cambiar a nosa tarxeta co compañeiro máis próximo, dese xeito
realizaremos un maior número de multiplicacións.
|
PARTE PRINCIPAL.
TRABALLO CON CORDAS.
Cada un de nós collerá unha corda e durante
uns minutos realizaremos saltos individuais.
DEBUXAR FIGURAS XEOMÉTRICAS.
Cada alumno cunha corda e separados por
todo o ximnasio. Realizaremos as seguintes figuras no chan do ximnasio
(círculo, rectángulo, triángulo e pentágono)
RELACIONAR CONCEPTOS E TOMAR DECISIÓNS.
Aos alumnos darémoslles unha
tarxeta cunha multiplicación. Eles deberán coñecer diferentes conceptos
(resultado da multiplicación, par ou impar, maior ou menor,...)para decidir
en que figura xeométrica debemos deixar a tarxeta:
- CÍRCULO: números pares < 20
- RECTÁNGULO: números impares
< 20
- TRIÁNGULO: números pares > 20
- PENTÁGONO: números impares
> 20
*** Se algunha multiplicación
dese 20 deixariámola fóra das figuras.
|
VOLTA Á CALMA.
Recoller o material.
|
OBSERVACIÓNS.
|
Free slideshow design generated with Smilebox |
Unidade 11. XA ESTAMOS DE VOLTA Sesión 20.
|
Obxectivos.
Xogar todos xuntos.
Colaborar e participar nos xogos
activamente.
Materiais.
Aros, música, tapóns de auga,
vasos de iogur, conos, tarxetas, papel e lapis,...
|
PARTE INICIAL.
ESQUIVAMOS METEORITOS.
Eliximos un xogador que fai de
meteorito.
O resto de xogadores forman
equipos de 4 ou 5. Cada equipo forma unha fila e cóllense pola cintura
formando unha galaxia.
O meteorito intenta tocar ao
último da fila e a galaxia (o equipo)
intenta evitalo.
Se o meteorito pilla a unha
galaxia, o pillado (último da fila) convértese en meteorito e o meteorito
colócase ao principio da fila da galaxia atrapada.
|
PARTE PRINCIPAL.
CONSTRUÍR A MONTAÑA.
Marcamos unha liña de saída e
unha liña de chegada a poucos metros de distancia. Formamos catro equipos,
que se situarán en fila detrás da liña de saída, cada un cun vaso de iogur
nas mans.
Ao sinal de inicio, o primeiro
xogador de cada equipo colle un vaso de iogur e lévao correndo ata cruzar a
liña de chegada. Pousará o vaso dentro dun aro
para darlle a base da montaña forma circular. E regresa a darlle o relevo ao
seguinte compañeiro que realizará a mesma acción con outro vaso de iogur.
O obxectivo é formar unha
montaña cos vasos. Pero a construción rematará cando esta se destrúa por
algún motivo (colocación errónea dun vaso, tirar sen querer os vasos da
montaña...)
Comprobaremos que equipo
consegue facer a montaña co maior número de vasos.
SEGUIMOS MULTIPLICANDO.
Nesta actividade os alumnos
aproveitarán as estratexias de días anteriores para chegar á solución do
problema formulado. Traballarán cos grupos da actividade anterior.
Darémoslles unha tarxeta a cada
un onde aparecerá unha operación de multiplicar.
Pedirémoslles que todos xuntos,
en equipo, resolvan todas as multiplicacións que posúen. Identificándoas con
outras tarxetas onde aparecerán os resultados destas e a multiplicación
expresada en suma.
|
VOLTA Á CALMA.
Asemblea onde comentaremos as
dificultades encontradas durante o desenvolvemento da sesión.
|
OBSERVACIÓNS.
|