Ola chicos!
Sabedes que co corpo decimos moitas cousas?
Neste recurso aprenderás que, a través do corpo, os xestos e as palabras, representamos diferentes estados de ánimo, sensacións e situacións.
![]() |
ENTRAR |
O proxecto de "Movémonos globalizando" está orientado ao traballo da adquisición das Competencias Básicas e das seguintes áreas: Educación Física, Coñecemento do Medio, Matemáticas e Linguas. A Globalización vai a ser o núcleo principal do noso proxecto. Os centros de interese traballados serán pretos e motivadores para o alumnado, facilitando a percepción do entorno dunha maneira máis global.
![]() |
ENTRAR |
![]() |
ENTRAR |
Free slideshow design generated with Smilebox |
Unidade 4. Os animais Sesión 9.
|
Obxectivos.
Coñecer algunhas características
que definen aos animais.
Formar palabras de dúas o máis
sílabas.
Comunicarse a través da
expresión corporal e o debuxo.
Materiais.
Panos, tarxetas de sílabas,
pelotas, bancos suecos, zancos pequenos, tarxetas de animais, papel continuo
branco e rotuladores.
|
PARTE INICIAL.
O RAPOSO E AS GALIÑAS.
Queda o "RAPOSO",
colócase un pano colgado na parte de atrás da cintura. O resto son
"GALIÑAS" que teñen que escapar do raposo. Se o raposo lles toca,
se sentan no chan, no mesmo lugar onde foron pilladas, e dende ese sitio (sen
levantar o cu) poden quitarlle o pano ao raposo.
Se unha galiña pillada lle quita
o pano, libera a todas as demais e convértese no novo raposo.
|
PARTE PRINCIPAL.
ATOPAR PALABRAS.
1ª PROBA:
Botando a pelota. Imos collemos unha tarxeta e volvemos..
Despois da proba miramos que
sílaba temos e intentamos xuntarnos con dous compañeiros para formar unha
palabra trisílaba.
2ª PROBA:
Equilibrio en bancos, pasar por enriba dos bancos e volver coa tarxeta
mantendo o equilibrio. Pasamos de dous en dous e temos que axudarnos para non caer ningún dos dous da ponte.
Buscamos palabras trisílabas.
3ª PROBA:
Camiñamos sobre zancos pequenos. Recorrido mais pequeno. Recoller tarxetas e
volver.
Formamos palabras trisílabas.
ENSALADA DE LETRAS.
Con todas as sílabas da
actividade anterior intentaremos construír palabras novas aínda que teñan un
maior ou menor número de sílabas. Que encontramos?
|
VOLTA Á CALMA.
JUEGO DE MIMICA E PICTOGRAMAS.
Temos unhas tarxetas cos debuxos
de diferentes animais (mamíferos, aves, peixes, anfibios,réptiles...).
Escolleremos un alumno ao azar. Este escollerá unha tarxeta e a través da
mímica deberá intentar dicirlles os seus compañeiros que animal encontrou na
súa tarxeta.
Se despois dun tempo non
conseguen adiviñalo, deixaremos que o compañeiro produza a onomatopeia do animal, e se non o adiviñan deixaremos que o compañeiro se comunique a través do
debuxo.
|
OBSERVACIÓNS.
|
This slideshow made with Smilebox |
Unidade 3. A SAÚDE Sesión 8.
|
Obxectivos.
Repasar conceptos como anterior, posterior, maior,
menor, igual, par, impar, etc.
Traballar a composición e descomposición de números.
Formar palabras de dúas o máis sílabas.
Materiais.
Tarxetas numeradas, tarxetas con sílabas, música,
conos, pelotas, ximnasio,...
|
PARTE
INICIAL.
PILLA
DE NÚMEROS.
Coa canción dos números bailamos polo ximnasio. Esta
canción canta os números ata o 100. Os alumnos terán un número determinado e
bailarán ao ritmo da música. Cando a música se pare o último número nomeado
pillará ao resto (este número pode ser un compañeiro ou dous: 30 + 2 = 32) .
Se nos pillan sentarémonos no chan ao indio.
Cando empece de novo a música, todos nos poñeremos a
bailar de novo, esteamos pillados ou non.
CROCODILO
DORMILÓN.
Cada un leva un número. Dous compañeiros (centenas) fan
de crocodilos durmiñóns (tombados no chan), o resto rodeámolos formando unha
roda. Cantámoslles a seguinte canción: "Buenos días, buenos días,
cocodrilo dormilón. Ya despierta! Ya despierta! No te hagas el remolón. No
nos coges, no nos pillas porque eres un tardón. Corre, corre! Mira, mira! Ya despierta
el dormilón!”
Cando remata a canción, os crocodilos levántanse e pillan
soamente dous (unha decena e unha unidade). Miramos que número formaron e
intentamos descompoñelo. Podemos traballar par, impar, anterior,
posterior..., pero de forma oral.
Na seguinte volta temos tres crocodilos e ao final da
canción conseguiremos tres números. E así sucesivamente.
|
PARTE
PRINCIPAL.
ATOPAR
PALABRAS.
1ª PROBA: Cono na cabeza coma se fose un sombreiro realizar un
percorrido, coller unha tarxeta e volver facendo o mesmo exercicio.
Despois da proba miramos que sílaba temos e intentamos
xuntarnos a outro compañeiro para formar unha palabra bisílaba.
ENSALADA
DE LETRAS.
Con todas as sílabas da actividade anterior
intentaremos construír palabras novas aínda que teñan un maior ou menor
número de sílabas. Que encontramos?
|
VOLTA Á
CALMA.
Falamos da sesión.
|
OBSERVACIÓNS.
|
Slideshow made with Smilebox |
Unidade
3. A
SAÚDE Sesión 7.
|
Obxectivos.
Traballar a temática do Magosto, esta semana celebramos
o magosto.
Buscar novos números do 200-999 e conceptos como
anterior, posterior, maior, menor, igual, par, impar, suma, etc.
Materiais.
Castiñeiro de cartón, monstros traga castañas, cubeletes para encestar castañas, castañas, rotuladores e lousa branca,
bancos suecos, música, ximnasio...
|
PARTE
INICIAL.
A ROUBAR CASTAÑAS.
No fondo do ximnasio temos un castiñeiro que ten moitas
castañas tiradas polo chan. Os nenos intentarán recollelas dunha en unha,
pero o amo ou amos do castiñeiro non llo permitirán.
O camiño da escola ao castaño estará ocupado por algúns
madeiros (bancos suecos).
Se son atrapados polos donos do castaño deberán
devolver a castaña (se teñen algunha) e subir a un madeiro. Os compañeiros
poderán salvar aos pillados, terán que ir aos madeiros darlles a man e volver
á casa collidos da man.
Non podemos facer as dúas cousas á vez nunha acción, ou
salvamos un compañeiro ou roubamos a castaña.
Mentres salvamos un compañeiro, o dono pódenos pillar.
|
PARTE
PRINCIPAL.
LANZAMENTO DE CASTAÑAS.
Formaremos dous equipos. Teremos dúas estacións de
lanzamento. Nunha delas estarán os pozos de castañas e na outra os monstros
das castañas. As dúas estacións terán tres zonas de lanzamento que
representarán ás centenas, decenas e unidades.
Cada alumno terá unha castaña e decidirá probar sorte
nas centenas, decenas ou unidades.
Despois do lanzamento comprobaremos cantas castañas
temos en cada posición e que número formamos.
Cada grupo escribirá o seu número (2C-3D-7U =237) nunha
lousa branca e a partir de aí traballaremos maior, menor, igual, anterior,
posterior, par, impar, facer sumas, etc.
Podemos repetir os lanzamentos tantas veces como
vexamos.
|
VOLTA Á
CALMA.
TRES CASTAÑAS POLO CHAN.
Os alumnos forman unha roda sentados no chan .Un
compañeiro queda fóra da roda cunha castaña. Mentres cantamos un fragmento da
canción de Susa Herrera "Tres
castañas polo chan", o compañeiro intentará pousar a castaña detrás
dun compañeiro da roda. Ao rematar a canción o compañeiro sentado intentará
atrapar ao outro antes de que se sente no seu lugar, pero primeiro deberá dar
unha ou dúas voltas arredor da roda.
Repetiremos o xogo varias veces.
DENTRO DA CASTAÑA.
Cantar todos xuntos
"Dentro da castaña" de Juan J. Varela Álvarez.
|
OBSERVACIÓNS.
|
![]() |
ENTRAR |
![]() |
ENTRAR A CASTAÑEIRA. |
![]() |
ENTRAR |
![]() |
ENTRAR |
Make your own free picture slideshow |
Personalize a picture slideshow |
Unidade
3. A
SAÚDE Sesión 6.
|
Obxectivos.
Traballar os números 100-199 e conceptos como anterior,
posterior, maior, menor e igual.
Buscar novos números.
Traballar a importancia da saúde eo seu impacto sobre o
noso corpo.
Ordenar as palabras dunha frase.
Materiais.
Tarxetas de números , canción dos números, aros, bolas
xigantes, máscaras, debuxos, ximnasio, ...
|
PARTE
INICIAL.
"A PILLA DA CENTENA”
Tres son centenas (levan un N º 1 colgado) e deben
atrapar a dous compañeiros. A centena atrapa a decena e os dous collidos da
man atrapan a unidade. Cando son tres deciden ler o número que forman na
cadea. Temos tres números. Nós lemos os números e compañeiros aleatorios din
o seu número anterior e o posterior. Segundo a colocación dos números no
espazo deciden se son máis elevados, menor ou mesmo. A continuación,
colocalos de maior a menor ou menor ao maior.
"POPURRI DE NÚMEROS"
Corren libres polo espazo ao sinal do director do xogo
deben formar parellas, tríos ou cuartetos. Ao azar preguntarémoslles que
número formaron. Adiviñarán o algarismo do número?
|
PARTE
PRINCIPAL.
"CIRCUÍTO SAUDABLE"
Formaremos catro grupos. Cada alumno deberá percorrer
un espazo ou percorrido establecido botando unha pelota xigante. Ao final do
percorrido encontrarán as pezas dun crebacabezas. Todas elas esconden unha
mensaxe que os nosos alumnos deberán descubrir. En cada viaxe só poderán
traer unha peza. Unha vez que teñan todas as pezas do crebacabezas deberán
formar unha frase que lles dará a mensaxe oculta.
"CAMIÑANDO ÁS CEGAS"
Un compoñente de cada grupo poñerá un anteface e
intentará coller unha imaxe que define a mensaxe da actividade anterior. A
imaxe estará ao fondo do ximnasio, alí encontraranse os seus compañeiros para
guiala a través das súas voces.
|
VOLTA Á
CALMA.
ASEMBLEA.
Dialogamos con eles as distintas vivencias da sesión,
as dificultades que se encontraron e o significado das mensaxes.
|
OBSERVACIÓNS.
MENSAXES.
|