mércores, 21 de xaneiro de 2015

BUSCARON UNHA ESTRELA E CANDO A ATOPARON....



No Festival de Nadal cantaron e bailaron ao redor dunha estrela. Aquí tedes un pequeno fragmento da actuación...
Esperamos que vos guste.





HABÍA UNHA VEZ UN CONTO DESORDENADO......

Había unha vez un conto desordenado.....  
Nesta sesión traballamos o calculo mental despois dun xogo de pilla, realizamos un montón de probas para conseguir as partes desordenadas dunha historia e así poder contala.
Mesmo tivemos que facer probas novas para poder conseguir o obxectivo da sesión....





Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow made with Smilebox

13ª SESIÓN.



Unidade 6.        AS PLANTAS         Sesión 13.
Obxectivos.
Traballar a lectura comprensiva, a secuenciación e orde dunha historia.
Fomentar o traballo en equipo, escoitar aos demais e tomar decisións entre todos.
Traballar o cálculo mental.
Materiais.
Tarxetas con números, tarxetas con fragmentos dunha historia, rotuladores de lousa, lousa branca, bancos suecos, aros, pelotas, música, ximnasio,...
PARTE INICIAL.
O XOGO DA CADEA DE NÚMEROS.
Cada xogador terá unha tarxeta cun número (unidades), estes números irán acompañados polos signos máis (+) ou menos (-) Un compañeiro o dous pillan e o resto escapa.
Os pillados daranlle a man ao compañeiro que pilla, formando unha cadea. O cazador sempre terá unha man libre e os demais incorporaranse no outro extremo da cadea.
Se a cadea se rompe, non poderán pillar ata que a cadea este formada de novo.
Unha vez que rematamos faremos un traballo de calculo mental. Ao primeiro dirémoslle que diga unha cantidade numérica traballada na aula (ex.: 504), ao segundo da cadea mandarémoslle ler a súa tarxeta (ex.: + 4) e realizar o cálculo para saber que número representa. Seguiremos así con todos os compoñentes da cadea.
Se hai dúas cadeas comezarán a serie co mesmo número e podemos pedirlles que nos dean o resultado desta. Despois comprobaremos se é correcto realizando as operacións todos xuntos de forma grupal.

PARTE PRINCIPAL.
HABÍA UNHA VEZ UN CONTO DESORDENADO.....
Os alumnos , organizados por grupos, deberán realizar unha serie de probas físicas para conseguir un determinado número de tarxetas.
Cada proba conseguida premiarase cunha tarxeta onde aparece un pequeno fragmento dunha historia que os alumnos deberán ordenar.
Traballaremos dun nun dando o relevo.
PROBAS:
1ª PROBA: Todos debedes conseguir botar a pelota 10 veces seguidas.
2ª PROBA. Todos teredes que completar un circuíto de bancos determinado.
3ª PROBA. Todos teredes que pasar a pelota sen que caia ao chan. Un fará de capitán e os demais formarán unha fila.
4ª PROBA. Todos trasladamos un cono invertido sobre unha pa de madeira durante un percorrido determinado.
VOLTA Á CALMA.
ORDENAR A HISTORIA.

OBSERVACIÓNS.








                
Había unha vez un conto desordenado.....     
         
Os parágrafos deste conto están desordenados. Sodes capaces de poñelos en orde?

Había unha vez, dous agricultores que vivían moi preto un do outro. Miguel era moi rico e bastante egoísta. En cambio, Enrique era moi pobre pero moi xeneroso.
Miguel era dono de numerosas terras das que non se ocupaba.
Enrique traballaba moito na súa horta. Sementara sementes de cabaza. A diario, coidábaas quitando as malas herbas, aireando a terra, regándoas,...Y, en resposta a tanto mimo, as sementes xerminaron con forza.

Unha delas empezou a crecer e crecer, facéndose cada día máis grande. Non paraba de aumentar de tamaño. Enrique nunca vira nada semellante. finalmente, a cabaza creceu tanto que, para transportala, o agricultor tivo que pedir prestada aos seus veciños unha carreta de bois.
- Que farei con esta cabaza? Ninguén quererá comprala, e para comer, teño as máis pequenas.¡Ah, xa sei o que farei! Regalareilla ao rei para que a reparta entre a xente máis pobre ca min.

E, dito e feito, Enrique cargou a cabaza na carreta e levouna ao pazo.
Cando o rei viu a cabaza xigante., exclamou:
- Que froito é ese? Vin moitas cabazas, pero ningunha así. Nin sequera a de Cincenta era tan grande.
- Por iso, señor, tróuxenvola. Para que a repartades entre os pobres - contestou Enrique, amablemente.
O rei, admirado pola xenerosidade do campesiño, recompensouno con campos, terras e moito gando.

Cando o seu veciño Miguel se decatou, se encheu de envexa, e pasaba os días imaxinando que podería regalarlle ao rei para conseguir maior recompensa.
Xuntou todo o seu diñeiro e os seus cabalos e levounos ao pazo.
- Moitas grazas polo teu regalo - dixo o rei -. Como recompensa, dareiche o mellor e máis raro que teño: unha cabaza xigante.
E así Miguel, que tanto se burlaba do esforzo de Enrique, o único que conseguiu foi unha simple cabaza.

sábado, 27 de decembro de 2014

UN AGASALLO DE NADAL.



CONTO DE NADAL.
A última semana de clase gozamos dunha actividade conxunta para todos os segundos. Vivimos unha historia de Nadal onde tivemos que buscar un agasallo oculto no colexio.
Aventura da que gozamos grandes e pequenos.












Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free picture slideshow made with Smilebox

12ª SESIÓN. UN AGASALLO EN NADAL



UN AGASALLO EN NADAL.

Presentación/Conto.

PAPA NOEL terminou de abotoarse a súa chaqueta máis grosa, púxose o seu xersei de punto, enfundou o seu groso chaquetón vermello e enrolouse a bufanda.

“¡Que noite para saír!, pensou, mentres a sarabia golpeaba as xanelas e os copos de neve se escorrían por baixo da porta. “É unha noite para sentar xunto ao lume e comer torradas quentes con manteiga”.

Púxose os seus calcetíns de lá máis grosos, sacudiu a lama das súas botas e axustouse as luvas.

Unha vez vestido, mirouse ao espello e exclamou:
-         Non é raro que todos crean que son gordo, ¡con toda a roupa que levo encima!.

Na neve, Rodolfo, o reno, esperaba impaciente a orde de pórse en camiño. Facía tanto frío, que os patíns do trineo estaban a empezar a conxelarse.

PAPA NOEL comprobou que levaba todos os seus agasallos e arrincou a galope polo aire a través dunha cortina de neve.
-         ¡Ho, ho, ho,...!

Na metade da viaxe, detivéronse sobre un tellado esvaradío polo xeo. Rodolfo e os renos empezaron a escorregar e o trineo empezou a moverse bruscamente. PAPA NOEL tomou a decisión de descansar noutro lado menos perigoso, así que remontaron o voo de novo. Nese momento un agasallo caeu do trineo e desapareceu entre as árbores do lugar.

Desde aquela noite nunca máis volveron descansar nese lugar por medo a perder máis agasallos. E…
…  PAPA NOEL e os seus renos nunca puideron recuperalo.

Pero…
... PAPA NOEL decidiu avisar ás persoas daquel lugar para que atopasen o seu agasallo. Coa condición de que si alguén o atopaba debería compartilo cos demais.

Agora despois de moito tempo chegaron a nós varias pistas que conducen a ese agasallo e vós seredes os encargados de axudarnos a atopar ese tesouro antes de Nadal.





Organización.
Fanse seis grupos de oito ou nove nenos, nos grupos atoparemos  nenos de todas as clases (A, B e C).
Cada grupo seguirá un camiño distinto de pistas que conducirán ao agasallo de PAPA NOEL.

Para conseguilo, deberán descifrar as pistas e superar algunhas probas. Tamén deberán coller unha tarxeta que se atopa dentro dos sobres onde atoparán as pistas, xa que todas as tarxetas inclúen a mensaxe final que lles dirá a proba a realizar para conseguir o agasallo.

Os grupos dividiranse en: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º.

Cada grupo realizará  o seu propio percorrido:
Pista A→ Conto:“ Unha pista acharás no tellado no que escorregaron os renos, este tiña forma de pirámides ”
Mensaxe: Si o agasallo
Pista B→ “Si a seguinte pista queredes atopar, no ximnasio dos renos deberedes entrar”
M: queredes atopar,
Pista C → “En Nadal adoita haber un en moitas casas. Este ano, no noso cole, temos un ou dous de moitas cores”.
M: ao señor director
Pista D →  “Algúns nenos comen nese lugar grandes manxares que lles axudan a manterse fortes e sans”.
M: deberedes buscar
Pista E → “Teñen unha porta enorme por onde todos os días entran unha chea de nenos riseiros”.
M: e
Pista F →   “Teñen un lugar precioso cheo de libros, contos e historias marabillosas. Pero coidado nese lugar non se permite facer ningún ruído”.
M: unha panxoliña
Pista G →  “Unha ponte colgante podes atopar, unha escaleira, unha pendente e moitas cousas máis. Aos nenos encántalles xogar.”
 M: terédeslle
Pista H →   “Si o agasallo queredes atopar un axudante de PAPA NOEL o bigote débevos pintar”.
M: que cantar.

A partir destas pistas, cada grupo seguirá unha orde distinta que lles conducirán a un mesmo agasallo.

1º → ORDE DAS PISTAS: A-B-C-D-E-F-G-H
  2º → ORDE DAS PISTAS: B-C-D-E-F-G-H-A
  3º → ORDE DAS PISTAS: C-D-E-F-G-H-A-B
  4º → ORDE DAS PISTAS: D-E-F-G-H-A-B-C
  5º → ORDE DAS PISTAS: E-F-G-H-A-B-C-D
  6º → ORDE DAS PISTAS: F-G-H-A-B-C-D-E

Unha vez conseguidas todas as pistas e, por tanto, todos as tarxetas deberán formar a mensaxe oculta para poder atopar o agasallo: 
“Si o agasallo queredes atopar, ao señor director deberedes buscar e unha panxoliña terédeslle que cantar.”

Unha vez conseguida a proba, o “director” entregaralles o agasallo de Nadal, que como dicía o conto deberano compartir entre todos. ¿Que conterá a caixa de Nadal? ¡¡¡SORPRESA!!!  ¡Unhas piruletas de chocolate con motivos do Nadal!

¡¡¡BO NADAL A TODOS!!!



mércores, 10 de decembro de 2014

11ª SESIÓN



Unidade 5.                OS ANIMAIS        Sesión 11.
Obxectivos.
Traballar as palabras individuais e as palabras colectivas.
Desprazamento: reptación.
Xogar cos números ordinais.
Materiais.
Tarxetas de números ordinais, de palabras individuais e colectivas, conos, petos…
PARTE INICIAL.
ASALTO AO CASTELO.
Temos tres gardiáns da torre do castelo. Na torre teremos tarxetas con palabras colectivas. O resto dos compañeiros terán unha zona segura onde non poderán ser pillados. O seu obxectivo será recoller as tarxetas sen ser pillados.
Se nos pillan deberemos quedar no cárcere ata que un compañeiro nos salve. A forma de salvar será que un compañeiro libre colla a un compañeiro pillado da man e xuntos váianse para a casa (zona segura).
O xogo remata cando recollemos todas as tarxetas.
CADA OVELLA COA SÚA PARELLA.
Os alumnos xa teñen todas as palabras colectivas e o profesor daralles as palabras individuais para que eles as relacionen.
PARTE PRINCIPAL.
FORMAMOS EQUIPOS REPTANDO.
Formamos dúas filas. Deberán trasladarse reptando ata un aro onde deberán coller unha tarxeta ao azar. Despois volverán por fóra camiñando para deixar que os seus compañeiros traballen.
Unha vez que todos temos tarxeta animámolos a formar equipos (non parellas) en función das pistas que conteñen as tarxetas: cores (amarelo e azul) e números ordinais.
CARREIRA REPTANDO.
Unha vez formados os grupos realizaremos unha carreira. Todos se colocarán en fila seguindo a orde dos números ordinais.
Abriremos as pernas e a carreira será a seguinte: o último de fila pasará reptando por debaixo das pernas ata colocarse de primeiros. Irán facendo o percorrido dun nun, ata que todos quedemos na posición inicial.

VOLTA Á CALMA.
PELOTA CAPITÁ.
Colocados en fila. Descolocamos a orde dos compañeiros de forma que os números ordinais estean colocados aleatoriamente. O primeiro de cada fila deberá pasarlle a pelota aos compañeiros que están en fila e estes lla devolverán e sentaranse no chan deixándolle o paso libre ao seguinte compañeiro.
Antes de lanzar a pelota o capitán deberá chamar o compañeiro polo seu número ordinal.
Intentaremos que pasen todos polo posto do capitán.
OBSERVACIÓNS.