Unidade
1. Coñezo o meu corpo Sesión
2.
|
Obxectivos.
Traballar conceptos matemáticos a través do xogo
(Números, suma, par e impar, maior o menor, seriación, decenas e
unidades,...)
Localizar partes da cara e do corpo.
Materiais.
Follas debuxadas en papel con números no reverso,
follas naturais, xices, papeis, lapis, cd, cancións do corpo, patio
exterior,...
|
PARTE
INICIAL.
RECOLLENDO AS FOLLAS.
Follas de outono tiradas polo chan nunha zona delimitada. Dous xardineiros
recolléronas e non deixan que nós as
collamos.
Todos debemos coller unha folla, pero temos que evitar que os xardineiros nos atrapen. Se estamos dentro da zona das follas os xardineiros non poden entrar e por tanto, non nos poden pillar. Se somos atrapados por un xardineiro deberemos devolverlle a folla que teñamos no noso poder. E quedaremos de estatuas no sitio onde nos atraparon.
Cando temos a folla no noso poder podemos salvar aos nosos compañeiros
dándolles unha aperta, pero.... Coidado! se te atrapa o xardineiro
perderás a túa folla.
O xogo remata cando todos teñen a súa folla ou cando consideremos que xa levan moito tempo no xogo polo que se repartirán as follas que falten. |
PARTE
PRINCIPAL.
FACENDO CONTAS.
Traballamos por parellas. As follas recollidas no xogo anterior terán un
número no reverso (do 0 ao 9). Cada parella deberá sumar os dous números.
Unha vez que sabemos cal é a cantidade deberán recoller o mesmo número de follas polo patio, pero esta vez serán follas caídas das árbores. Todos comentaremos o número de follas que temos e teremos que dicir se é un número par ou impar. Se non o saben axudarémolos guiándoos para que formen parellas de follas.
TODOS BEN ORDENADOS.
Seguimos por parellas. Cada parella deberá escribir o seu número (a unión en decenas e unidades) nun anaco de papel. Cando empece a música os alumnos teñen que bailar e cando pare a música deberán cumprir as ordes que escoiten: - Facemos dous grupos. Un grupo de números pares e outro grupo de números impares. - Facemos grupos de números que coincidan na unidade, que coincidan na decena,... - Formaremos unha fila onde os nosos números estean colocados en orde de menor a maior / de maior a menor. - Etc. |
VOLTA Á
CALMA.
DÚAS OPCIÓNS:
-
Canción “Coas miñas mans”. Mamá Cabra.
-
Canción “Este olliño pimpilín”.
|
OBSERVACIÓNS.
|
O proxecto de "Movémonos globalizando" está orientado ao traballo da adquisición das Competencias Básicas e das seguintes áreas: Educación Física, Coñecemento do Medio, Matemáticas e Linguas. A Globalización vai a ser o núcleo principal do noso proxecto. Os centros de interese traballados serán pretos e motivadores para o alumnado, facilitando a percepción do entorno dunha maneira máis global.
venres, 24 de outubro de 2014
2ª SESIÓN
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario